O pasado domingo 14 de Abril a Asemblea Republicana de Vigo convocaba na cidade olívica, outro ano máis e xa van uns cantos, unha manifestación republicana.
Baixo un sol radiante, centos de persoas saímos da recoñecida zona de Urzaiz para reivindicar o fin da monarquía borbónica e verdade, xustiza e reparación coas vítimas do franquismo. Dende o Comité Galego do PCE (m-l), xunto coas compañeiras da Plataforma Galega pola Terceira República, alí estivemos cun cortello propio baixo a lenda: Polos nosos dereitos, Terceira República.

No acto, que concluía na Porta do Sol coas interpretacións da violinista Laura Quintillán Núñez e o gaiteiro Antón Sánchez, repartimos un comunicado conxunto que foi moi ben recibido polas asistentes, e o cal pódese ler neste enlace: https://plataformarepublicanagalega.blogspot.com/2020/11/comunicado-republicano-diante-do-14-de.html?m=0
Sen máis, dende estas liñas queremos recalcar o noso compromiso incuestionable en loitar pola unidade popular republicana e dar grazas a Asemblea Republicana de Vigo, formada por simpatizantes e antigos camaradas do Partido (no manifesto final fíxose unha ovacionada mención a Xosé Humberto Baena Alonso, un dos últimos fusilados do franquismo e militante do noso Partido e do FRAP), por levar dúas décadas convocando a maioría social viguesa, e por ende galega, estos actos e outros en prol da Terceira República.