Comité Galego do PCE (M-L)
Un ano mais lembramos que o 10 de Marzo do ano 1972 unha manifestación laboral e antifranquista dos obreiros da Bazán en Ferrol fóra ametrallada pola Policía, para evitar que se unirán con outros obreiros da construcción naval de ASTANO, e aumentar aínda máis a forza na rúa incorporando ao personal doutras fábricas da comarca, na que existía unha forte conciencia política de clase e de organización sindical semiclandestina de CCOO.
A represión asasinou a Amador Rey e Daniel Niebla, e feríu de bala a deceas de obreiros. Non houbo máis vítimas mortais porque uns autobuses bloqueados pola manifestación absorveron unha boa parte dos balazos. Por suposto non se esixiron nunca responsabilidades por este crimen da dictadura franquista, dereito que incluso se negóu recentemente aos familiares por un xulgado de Ferrol.
Despois da ofrendas diante do monumento que lembra estés sucesos, houbo duas manifestacións, convocada unha por CCOO e a outra pola CIG, sindicato nacionalista. A dos primeiros, con escasa asistencia a pesares de ser unha convocatoria a nivel galego, rematu cunha intervención na que só se alabou as » bondades» dunha política de pacto co goberno e a patronal sin recoñocer que a mesma provoca unha constante perda de dereitos laborais e sociais e a desmovilización do movimento obreiro. Na da CIG, tamén de reducida asistencia, polo menos sí se criticou esa política de pacto social e os enganos e manipulacións do Goberno mentras o capital aumenta o seu poder económico.
Pero en ningunha das dúas se fixo un plantexamento para enfrentar a actual situación dende posicións auténticamente de clase, nin mención algunha sobre a politica de armamentismo e guerra que cada vez máis implementa o imperialismo ianqui e a súa OTAN coa participación activa da UE.
Os comunistas chamamos a ter presentes as lecións do 10 de Marzo, como ferramenta para organizar e impulsar a loita obreira, cos necesarios obxectivos políticos que a nosa clase precisa para facer valer a nosa forza cun doble obxectivo: defendernos dos ataques que sufrimos e recuperar dereitos perdidos, e avanzar para conquistar o cambio social revolucionario que implica liquidar o poder da oligarquía e o capital.