O despido o día 9 de Outubro de máis de 500 traballadores/as da fábrica de aluminio de San Cibrao (Lugo) era algo máis que previsíbel dende que a dirección da multinacional norteamericana ALCOA o anunciara fái xa moito tempo.
Non é admisibel que a estas alturas o Goberno do Estado ofrezca como única resposta que encargóu á Abogacía do Estado un informe xurídico para ver as posibilidades legáis de “tomar o control” da fábrica.
Como xa dixemos en anteriores pronunciamentos, ALCOA mercóu as instalacións fabrís da antiga INESPAL (empresa pública) nunhas condicións económicas moi ventaxosas, recibindo ademáis cuantiosas axudas e subvencións públicas, asumindo a contrapartida de manter o emprego e modernizar o proceso productivo. Pero como era de esperar neste réximen gobernado por e ao servizo dos intereses do capital, a multinacional fixo o que quixo durante estes anos, sin ningún tipo de control da administración -gobernara o PP ou gobernara o PSOE- e sabendo perfectamente que cando decidira pechar e deslocalizar a producción ningún goberno de eses partidos ía a opoñerse de verdade.
Esta situación de peche de empresas por maquinacións dos seus accionistas e propietarios naturalmente non é nova, moitos centenares de miles de traballadores/as xa pasamos por conflictos similares durante a dictadura fascista e na “democracia coronada” que a sucedeu. Pero neste caso, como en outros, estamos ante o peche dunha fábrica nun sector que o Estado califica de “estratéxico para a economía nacional”. E nin así se toman as medidas necesarias para impedir o seu peche e os conseguintes despidos, que ademáis empobrecen aínda máis a varias comarcas de Galicia.
O Goberno do estado ten capacidade e facultades legais para expropiar a Empresa e aportar os necesarios investimentos para que continúe e aumente a súa producción. Outra cousa é que queira facelo, que queira enfrontarse á “sacrosanta” propiedade privada das empresas e aos designios das multinacionais e a política económica diseñada polo gran capital. Que contraste coa facilidade e rapidez coas que se malvenden e privatizan as empresas e servizos de titularidade públicos, para que o capital privado e especulador alcance grandes beneficios económicos, siga “ordeñando” fondos públicos e exprima a economía das familias traballadoras e aumente o desemprego!.
Temos que facer mención á desfachatez e hipocresía da Xunta de Galicia gobernada polo PP, que neste conflicto pretendeu aparecer ante os traballadores e a opinión pública como defensora de medidas de intervención da empresa, cando todos sabemos que eles precisamente actúan sempre como lacaios e bós xestores dos intereses da patronal.
A Federación de Industria de CCOO, con implantanción maioritaria no plantel do persoal de Alcoa, ten que abandonar a liña de contemporización co “Goberno amigo”, para pasar a actuar coa firmeza e coherencia que os traballadores demandan. Nadie esquence que cando UP formaba parte da oposición, os seus dirixentes, coa actual ministra de traballo á cabeza, era asiduos participantes nas movilizacións e reivindicaban as medidas para ALCOA que entón decían que eran posíbeis e imprescindíbeis pero que hoxe parece non atreverse a aplicar.
Para gañar este conflicto laboral -que tamén é politico e social-, é imprescindíbel erguer unha gran fronte movilizadora que trascenda a comarca de A Mariña lucense e que, unindo outras reivindicacións laborais, económicas, sociais e políticas, aumente a presión ante o goberno e impoña solucións concretas dentro dun plan xeral de nacionalización de empresas e servizos públicos privatizados; de creación dunha banca pública e devolución inmediata dos cartos que a banca privada recibiu; derogación das reformas laborais e da reformas das pensións feitas polo PP e o PSOE; anulación do pago da chamada «débeda externa» imposta pola UE, FMI e Banco Mundial etc…
O plantel de Alcoa está disposto a pelexar ata onde faga falla, as organizacións sindicais e políticas da esquerda están dispostas ao mesmo? O noso Partido, o partido dos comunistas, dende logo que sí, convencidos de que só un cambio de réximen pode asegurar o dereito do pobo traballador a unha vida digna e sen explotación.
ADIANTE A LOITA OBREIRA E POPULAR PARA EVITAR OS DESPIDOS E OS PECHES DE EMPRESAS!!!
CONTRA A EXPLOTACIÓN E O EMPOBRECIMENTO DO POBO!
POLA REPÚBLICA POPULAR!