O Comité Galego do PCE (marxista- leninista) manifesta o seu total apoio aos traballadores/ as que están en loita por conquerir un Convenio Colectivo digno para o sector do Metal na provincia de Pontevedra. As xornadas de Folga e movilización desenvolvidas ata o de agora tiveron unha participación case que unánime. A Patronal, como é habitual, mantén unha posición intransixente frente às demandas de subida salarial, estabilidade no empregol, reducción de xornada laboral etc..
A unidade e a loita teñen que lograr as melloras reivindicadas, que superan o marco de pacto social recentemente asinado polas direccións de CCOO e UGT. A decisión de chegar a un acordo tėn que ser debatida previamente e, no seu caso, aceptada pola maioría dos traballadores/ as reunidos/ as nas correspondientes asambleas. Non pode ocurrir como no anterior Convenio, con vixencia nos anos 2020, 2021 e 2022, asinado por CCOO e UGT sin participación e decisión dos traballadores, e que – coa coartada da pandemia- quedóu reducido a unhas subas salariáis máis que ridículas. A loita do metal en Pontevedra, o mesmo que as diferentes loitas por Convenios Colectivos dignos en diferentes sectores e empresas, těn que servir de impulso para unha movilización máis amplia e unitaria que defenda e impoña un programa tanto de recuperación e mellora de dereitos laborâis e sociáis para o pobo traballador, como as imprescindibles transformacións económicas e politicas para rematar co abuso e as bases de poder da oligarquía e o seu rėximen monárquico.