Comité de Galiza do PCE (M-L)
O Comité de Galiza do PCE (M-L) manifesta a súa solidariedade con tódolos/as traballadores/as que están a perder os seus empregos ou lamentablente vánnos perder nos vindeiros días, semáns e meses a causa da destrución da actividade industrial e a caída da actividade económica productiva en xeral, mentras crece a especulación financieira alentada polos “mercados”.
Nestes días en Galiza adquire especial relevancia o despido de máis de 500 traballadores do centro de traballo que tén en San Cibrao (costa de Lugo) a multinacional norteamericana do aluminio ALCOA. Estes despidos -aos que hai que sumar a perda do emprego subcontratado e indirecto- auguran un proceso de peche total desa planta, tal e como ven denunciando dende fai anos o Comité de Empresa, en loita común co plantel das plantas que a empresa tiña en A Coruña e Avilés, tamén amenazadas con despidos e peche e vendidas o ano pasado a un grupo de capital risco con sede en Suiza, e revendidas recentemente a otro grupo que parece ser ten a sede legal en Ucraína…
Lembremos que esas fábricas foran propiedade de INESPAL, empresa do sector público, e vendidas a ALCOA, a pesares de pertenecer a unha actividade industrial que o propio estado calificara de estratéxica para a economía. A planta de San Cibrao foi vendida por menos de 400 millóns de euros, e dende 1998 ata hoxe xenerou miles de millóns de euros en beneficios, ademáis de percibir tamén grandes cantidades de diñeiro en subvencións e pagar un prezo máis baixo que o de mercado polo kW.
Esta nova destrución de emprego industrial e de deslocalización de producción, ademáis da venta especulativa de empresas, fáise ante a total inoperancia dos Gobernos do PSOE e agora do de coalición, que están sometidos ao dictados do capital por moito que pregonen compromiso coas reivindicacións dos/as traballadores/as. A actuación da Xunta do PP foi a esperada, hipocresía e demagoxia eleitoralista.
A movilización sindical e social na comarca da mariña luguesa esixe, e nós con todos eles, a inmediata intervención da Empresa polo goberno como paso previo a súa nacionalización, sen indemnización e coa total reincoporación do persoal; estas medidas deben acompañarse doutras como son rematar co abuso do prezo da electricidade -sector que tamén debe ser nacionalizado- e a aprobación dun plan de investimento público. Esta é a única solución viable, e a que deberan defender con enerxía e coherencia as direccións de CCOO e UGT ante este Goberno e a Xunta de Galicia.
CONTRA OS DESPIDOS EN ALCOA E OUTRAS EMPRESAS E SECTORES!
DEROGACIÓN DAS “REFORMAS LABORÁIS” DO PSOE E DO PP!!
POR MEDIDAS REALES DE DEFENSA DA INDUSTRIA!!!
PARÉSMOSLLES OS PÉS AO CAPITAL ESPECULADOR!!!!
Adiante a loita da clase obreria, pola República Popular e Federativa.