![metalgalicia2](https://pceml.info/wp-content/uploads/2023/07/metalgalicia2.jpg)
10 de Xullo, 2023. Os traballadores do Metal de Pontevedra receben da Patronal prepotencia e desprezo sobre as sûas xustas demandas laborâis, e ao tempo represión policial contra as sûas movilizacións más rúas de Vigo por parte do Goberno » máis progresista» . Por certo que a vicepresidenta e ministra de Traballo en funcións, Yolanda Díaz, fora elexida en 2019 diputada ao Congreso pola provincia de Pontevedra. Pero nin se lle pasóu pola cabeza achegarse a estes e outros traballadores en loita polos seus dereitos ( non estamos para aturar valeira demagoxia eleitoral para apuntalar este rėximen antiobreiro) e que seguen a ser obxeto de descarado fraude e abuso -entre outros- na contratación eventual, sen que a Inspección de Traballo ( que depende do Goberno central) nin a autoridade laboral autonómica fagan nada para impedilo. Eso si, un grupo de grandes empresarios do Naval e doutros sectores afectados polo convenio colectivo do Metal receben constantes e cuantiosas subvencións públicas.
O PCE ( marxista – leninista) reiteramos a nosa solidariedade e o noso apoio á Folga Xeral indefinida que comenza o 18 de Xullo. Pero non podemos deixar de advertir sobre a posibilidade real de que na mesa negociadora do Convenio se acabe chegando a un acordo que quede como mínimo lonxe en relación âs reivindicacións e ao sacrificio feito polos traballadores nesta loita. Sobre isto existe a experiencia negativa nos anteriores Convenios, e especialmente no ocurrido coa dura Folga indefinida do año 2009.
Os «compromisos de trastenda » das direccións de CCOO e UGT coa patronal provincial e co PSOE son sobradamente coñecidos para os que vivimos a realidade laboral e sindical deste sector nesta Provincia. Facemos un chamamento aos compañeiros/ as para reforzar a unidade de clase de tódolos que estamos loitando, con independencia da nosa afiliación sindical, e a facer valer o peso e a forza das asambleas, nas que se debe debatir e acordar calqueira decisión sobre esta loita. Pero ademáis desta cuestión elemental, temos que afrontar unidos día a dia a defensa dos nosos dereitos en cada empresa, fronte aos abusos e incumplimentos da patronal, perante este conflicto concreto e despóis do mesmo. As políticas do capital contra nós vánse a agudizar nos vindeiros meses, tal e como anuncióu a chamada » Comisión Europea». Van a aumentar a súa taxa de ganancia pola vía de recortar o gasto público ( con cada vez máis cartos para a guerra), frenar a alza de salarios, manter a subida de prezos etc…
A experiencia e a forza do metal těn que extenderse e solidarizarse con outros sectores laborâis. Hai que avanzar nunha fronte de loita obreira coordenada e unitaria en Galicia e en todo o estado, para plantarlle cara ao capital. Temos que crear as condicións para forzar unha convocatoria de Folga Xeral pero que non poida ser manipulada polas direccións sindicáis empeñadas en pactar recortes e » migallas», e desmovilizarnos para garantir a paz social que convėn aos intereses dos bancos e das grandes empresas. Pero ademáis a clase obreira temos a obriga e o dereito a esixir e participar na creación dunha fronte politica que teña como obxectivo rematar co poder económico, político e social da oligarquía financieira e empresarial, e do seu rėximen monárquico herdeiro do franquismo. Hai que politizar a nosa loita para amenazar eficazmente ese poder que se basea na explotación e no abuso contra os que co noso traballo creamos a riqueza que outros se apropian. E temos que erguer a nosa propia alternativa politica para conquerir o auténtico cambio social facer realidade as nosas aspiracións e dereitos: a República Popular que abra paso á construcción da sociedade sen explotación, ao socialismo.
Adiante a unidade e a loita obreira
Pola mellora real das nosas condicións de vida e de traballo
Pola ruptura co rėximen monárquico, pola República e o Socialismo