Comité Galego do PCE (m-l)
O 10 de Marzo tódolos anos o movimento obreiro en Galicia lembramos o asasinato en 1972 pola policía de dous traballadores de BAZAN no Ferrol, Amador Rey e Daniel Niebla, ao reprimirse a tiros unha gran manfestación de carácter laboral pero tamén de rexeito contra a dictadura franquista. Por suposto, nadie foi xulgado nin condeado por este crimen, omo ocurriu cos centenares de miles cometidos dende 1936 contra o pobo.
Naquela xornada, a pesares dos disparos e da posterior e dura represión política e laboral, a clase obreira fixo valer a súa forza e tomou a cidade. A mostras de solidariedade dende Vigo (con folgas e manifestacións ) e doutras localidades dentro e fóra do estado español non se fixeron agardar. En Ferrol a memoria deses dias segue moi presente, e un gran monumento a perpetúa.
Pero 51 anos despois, lamentablemente seguen sen ser realidade as arelas de auténtico cambio social, de rematar co poder da oligarquía, de conquista plena e real dos dereitos democráticos, laborais e sociais que impulsaron a unidade e a loita contra a dictadura, e que lle deran a forza necesaria para afrontar os perigos e sacrificios padecidos.
Pola contra, se nos quere someter ao pactismo para perder dereitos, á resignación ante o poder monárquico exercido polas mesmas clases que sustentaron ao franquismo, co auxilio de quenes se reclaman do sindicalismo de clase e da esquerda politica pero que na práctica defenden os intereses da clase enemiga.
Neste 10 de Marzo os comunistas chamamos a intensificar a acción política e sindical no seo do movimento obreiro e do conxunto do Pobo para construir a unidade de acción e de resposta eficaz contra as politicas do capital, que nos empobrecen cada día máis e que nos someten a súa guerra imperialista; e para erguer a alternativa unitaria de poder dos/as traballadores/es contra este rėxime explotador e corrupto. Sin rachar co mesmo, sin liquidalo, non cabe falar seriamente de cambio social ni de avanzar na construcción da sociedade sin explotación.
Sigamos o exemplo da loita contra o fascismo e o capital, pola República Popular e Federativa, polo Socialismo e o Comunismo.