22 de Xullo de 1969, Xoan Carlos de Borbón xura lealdade ás leis fundamentais do Reino e ó Movemento Nacional, espiña dorsal do réxime franquista. Deste xeito, o rei Xoan Carlos I convértese no baluarte dos valores que procesaban os fascistas, asumindo a tarefa de liderar unha fi cticia transformación política aparentemente democrática, moderna e europea. A súa misión era branquear a historia dos verdugos.
As leis franquistas estipulaban como principios reitores o dereito e o deber de traballar, o dereito ó descanso, á seguridade, ó subsidio familiar e á seguridade social, vertebrados sobre o dereito á propiedade privada e á acumulación de bens de produción.
Igualmente, dicían garantir dereitos como a libre asociación ou a liberdade de expresión, pero sempre suxeita a respectar a “unidade espiritual, nacional e social de España”. Tamén moi importante para unha ditadura fascista como foi a española era a defensa da unidade nacional, incluso manu militari, ou a inviolabilidade do xefe do Estado e a súa función de designar ó Presidente do Goberno.
Estes principios, impostos polo goberno criminal de Franco á maioría dos traballadores e traballadoras, en conivencia cos terratenentes, supuxeron a perda de dereitos historicamente acadados pola clase obreira. A Constitución do 78 lexitimounos e hoxe goberna esta mesma burguesía defendendo o traballo, a liberdade de expresión e a propiedade privada só como principios reitores; a unidade de España ante calquera demanda social utilizando a violencia, a designación do presidente do Goberno por parte do Rei, que é un título vitalicio e inviolable; e, sobre todo, defendendo unha monarquía parasitaria de carácter católico e representativo.
Para devolve-la soberanía ó pobo traballador é preciso iniciar un proceso de acumulación de forzas, dende diversas experiencias de loita, que nos permita construír un novo proxecto histórico en defensa dos intereses e dereitos da maioría traballadora. Loitamos por unha República das traballadoras e traballadores, reivindicamos o dereito á autodeterminación dos pobos. Só rompendo coa Constitución do 78 poderemos repara-lo dano material, cultural e social cometido pola gran burguesía e a nobreza dende 1936.
CONTRA A CONSTITUCIÓN DO 78 E A MONARQUÍA FRANQUISTA POLA REPÚBLICA DAS TRABALLADORES E DOS TRABALLADORES
POLA AUTODETERMINACIÓN DOS POBOS
POLOS DEREITOS SOCIAIS E LABORAIS
Plataformapor la III República – PCPE – Partido Comunista de España (marxista-leninista)