Comité Galego do PCE(m-l)
O 27 de Setembro de 1975 a criminal dictadura franquista asasinaba, fusilados por pelotóns de guardias civís e policías, a Xosé H. Baena, José Luis Sánchez Bravo e Ramón García Sanz, -comunistas militantes do PCE (M-L) e do FRAP-; e a Juan Paredes “Txiki” e Ángel Otaegui, militantes do independentismo vasco. En todos estes anos de herdanza monárquica do franquismo os crímenes dese sanguinario rėximen permanecen impunes e a súas víctimas non recibiron a xustiza e a reparación que merecen. Os tímidos avances neste senso (Lei de Memoria Histórica) dėbense sobre todo ao duro e constante traballo reivindicativo e de investigación feito por numerosas organizacións, colectivos e persoas que non renunciamos a lograr a plena e total rehabilitación e a homenaxe a quenes se enfrontaron ao fascismo e sufriron as duras consecuencias. Este obxectivo naturalmente só o lograremos plenamente cando rematemos coa monarquía e liquidemos o poder político económico militar da oligarquía e do imperialismo, que sorstiveron e apoiaron ate o final ao fascismo que xurdiú do golpe de estado de Xullo de 1936.
O capital está a intensificar a escala internacional a súa politica de explotación, saqueo, represión e guerra. A oligarquía española participa activamente desa política, xa sexa implementada por gobernos de “esquerda” ou pola dereita franquista, contando co apoio das burguesías nacionalistas, a pesares das contradiccións e choques que existen dentro da clase dominante do conxunto do Estado Español e dos partidos que están ao seu servizo.
Para enfrontar eficaz e consecuentemente esa politica é preciso concretar unha fronte de unidade de acción de tódalas forzas que decimos estar só comprometidas con intereses do pobo traballador e que aspiramos non só a defendernos senón a vencer. A experiencia histórica e a do presente nos amosa que para que poidamos exercer plenamente os dereitos democráticos e liberarnos da explotación é imprecindíbel derrotar ao enemigo común e conquistar un novo poder ao servizo dos intereses e detentado pola clase obreira e o pobo, que ademáis garanta o pleno exercicio do dereito de autodeterminación de Galicia, Euskadi e Cataluña; e para nós, como comunistas, que represente unha sólida base para a construcción do socialismo. Creemos que esa vontade de loita antifascista e antiimperialista, dende a pluralidade política e ideolóxica, pode e debe ter expresión na loita pola Terceira República Popular e Federativa. Avancemos por ese vieiro.
acto de homenaxe diante da tumba de Xosé H. BAENA / 27 Setembro
18:00 hs / Cemiterio de Pereiró (Vigo)