Comité Galego do PCE (m-l)
O Comité Galego do PCE (Marxista -Leninista) manifesta a súa satisfacción pola decisión da Audiencia Provincial de A Coruña de anular o Auto dun Xulgado de Ferrol rexeitando admitir unha demanda dos fillos de Amador Rey -traballador da Bazán asasinado pola Policía o 10 de Marzo de 1972, xunto ao seu compañeiro Daniel Niebla- para que se investigue ese crimen do franquismo e para que se diriman todas as responsabilidades do mesmo.
Debandita decisión é sin dubida froito de moitos anos de traballo político e social en esixencia de verdade, xustiza e reparación para ås vitimas da criminal ditadura fascista, traballo que o noso Partido impulsóu dende sempre, a pesares da represión e o silencio dos que querían impoñer a desmemoria e o “borrón e conta nova “ para apuntalar o pacto constitucional coronado, e da actitude sectaria dos que, dicíndose rupturistas, non querían reivindicar nada que lembrara que os traballadores e os pobos de España loitamos unidos para defender a República democrática e avanzar cara a unha sociedade sin explotación.
Tamén temos que expresar a nosa disconformidade co contido da resolución da Audiencia que especifica, en sintonía coa Leí de Memoria Histórica, que só se ampara o dereito dos demandantes a coñecer a verdade do sucedido, e non de castigar un crimen que por ser de lesa humanidade non prescribe e merece unha condena penal que reforce a condena política e moral. A loita pola rehabilitación moral e material das víctimas do franquismo non é sò unha cuestión de xustiza e de homenxe que lle debemos aos que loitaron contra o fascismo.
É ademáis unha ferramenta para que avance a unidade popular contra o rėximen monárquico herdeiro do franquismo e continuador do mesmo en moitos aspectos, especialmente en garantir que o poder económico continúe nas máns da oligarquía e de someternos ao imperialismo. Para rematar con ese poder é necesario que presentemos unha alternativa unitaria para conquistar o poder obreiro e popular que, dunha vez por todas nos asegure o pleno e real exercicio de tódolos dereitos laborais, sociais e democráticos, incluído o dereito de autodeterminación; e esa alternativa só pode ser a Terceira República Popular e Federativa.