O pasado 27 de Setembro ás 12 horas no Cemiterio de Pereiró ( Vigo ) rendiuse unha emotiva homenaxe a Xose Humberto Baena Alonso e Xose Luis Sánchez Bravo, ámbolos dous militantes do FRAP fusilados sen garantías de ningún tipo pola sanguinaria ditadura franquista. Unha delegación do Comité Galego do PCE (m-l) estivo presente, difundindo os nosos periódicos e posicións, con moi boa acollida entre as decenas de asistentes que se achegaron. Entre elas cabe destacar a Flor Baena, irmán de Xose Humberto, familiares de Sánchez Bravo e xente da cultura local, ademáis dun nutrido grupo de xóvenes republicanos e comunistas.
Queremos nestas liñas agradecer ós antigos camaradas e antifascistas que levaron a cabo unha espléndida labor organizando a Comisión 27 S, dando unha intensa difusión ó 40 aniversario na cidade olívica, colocando valados inclusive no casco urbán vigués.
No acto, acompañado dun ceo soleado, tamén houbo unha letura dun escrito en homenaxe ós fusilados por parte da literata Rosa Regàs, novelista que foi directora xeral da Biblioteca Nacional de España, e a interpretación dunha peza musical en violín por parte de Laura Quintillán Núñez.
Para rematar, queremos facer fincapé nunha cuestión elemental: Nunca borrarán das nosas memorias a aqueles que loitaron contra o fascismo e a maniobra monárquica para perpetuar nas institucións os poderes falanxistas. Asi pois, a mellor das homenaxes é continuar traballando pola República e o Socialismo, para garanter ó pobo traballador a emancipación plena.
Comité Galego do Partido Comunista de España (marxista-leninista)
28 de Setembro do 2015