Comié Galego do PCE(m-l)
O 12 de Agosto de 1975 a policía franquista asesinaba a tiros en Ferrol a Moncho Reboiras, destacado militante da UPG, partido da esquerda nacionalista principal impulsor e organizador do BNG. No seu día houbo felicitacións e méritos entre a policía por ter «eliminado a un perigoso terrorista», cando pretendía escapar da súa detención. Pero grazas á «exemplar transición» que ao conxunto dos traballadores e pobos de España nos impuxeron a oligarquía, o imperialismo e os que con ambos colaboraron activamente (especialmente os que falsamente se titulaban de comunistas e socialistas), este crimen quedou impune. Como os decenas de miles cometidos pola barbarie franquista. O noso Partido saúda a memoria e o exemplo de Moncho Reboiras e chama a acudir aos actos de homenaxe que a UPG convoca. A unidade na loita é a maior garantía de que teñamos éxito en convertir en realidade as arelas de liberdade social e nacional polas que morréu Moncho. Enfronte, o enemigo común que as impide, a monarquía herdeira do franquismo e ao servizo do capital.