Cté. Galego do PCE (m-l)
O 10 de Marzo de 1972 os obreiros da Bazán en Ferrol convocaran folga e sairan ás rúas para esixir melloras laborais e dereitos e liberdades democráticas contra a criminal dictadura franquista. A Policía ametrallou a manifestación cando ésta ía a unirse ao outro gran asteleiro da ría, ASTANO. O resultado foi o asasinato de Amador Rey e de Daniel Niebla, e varias ducias de feridos de bala, motos deles graves.
Nesa xornada a decidida vontade de loita dos traballadores obrigou á policía a retroceder e as autoridades militares tiveron que renunciar a sacar tropas á rúa, malia que a cidade quedara baixo control obreiro perante un día.
Lamentablemente as direccións da CCOO e do PCE contribuiron decisivamente a que esa vontade de loita fora quebrando e que se estendera en todo o país o conformismo e a renuncia a esixir unha auténtica ruptura co franquismo para, pola contra, someternos aos limites que a oligarquía e o imperialismo ianqui nos impuxeron na chamada transición, mediante o medo, a chantaxe, a manipulación, o engano e a traicion. Ainda que trála morte do asasino Franco houbo que implementar cambios politicos para sustentar a súa herencia monárquica, o fundamental non mudou e o poder real sigue nas máns da mesma clase que o tiña perante a dictadura, sumándose a aquela novos grupos económicos.
Para os comunistas a lección principal do 10 de Marzo é que precisamos recuperar a Forza ideolóxica, política e organizativa da clase obreira, e a nosa unidade na loita contra o enemigo común en España e a escala internacional. Só así poderemos opoñernos con éxito á política de recorte e mesmo eliminación de dereitos laboráis e sociáis impulsada polo capital e xestionada polos partidos que sirven aos seus intereses -como é o caso do goberno de coalicion PSOE-Sumar- e que agora vái ser acelerada pola decisión de incrementar o gasto militar para a guerra imperialista. E só así poderemos avanzar no obxectivo principal de derrotar ao capitalismo e conquistar o poder para a clase obreira e o pobo traballador para construir o socialismo.
Amador e Daniel, a loita continúa!
Pola República Popular e Federativa, polo Socialismo e o Comunismo!!