Cté. Galego do PCE (m-l)
Camaradas do Comité Galego do PCE (m-l), xunto coas compañeiras da Plataforma Antifascista e Republicana, participamos na manifestación de CCOO e UXT na cidade da Coruña co obxectivo de reinvidicar un sindicalismo de clase, democrático e combativo.
Este 1 de Mayo, que é desde fai xa bastante tempo a data máis importante da clase traballadora internacional, marchamos xunto a distintos colectivos polas rúas da cidade herculina ata acabar a mesma á beira da subdelegación do goberno. Alí léronse dous manifestos e acabamos cantando «A Internacional» e «Os Pinos», o himno da patria galega.

Nestes tempos de crise do capitalismo na súa fase imperialista, voltamos a reclamar que debemos de avanzar cara a unidade obreira e popular para xa non só manifestarnos neste tipo de xornadas, se non para avanzar e gañar máis dereitos como clase.
VIVA O 1° DE MAYO!
VIVA A LOITA OBREIRA!!