Comité Galego do PCE (m-l)
Diante da tumba de X. Humberto Baena, militante do noso Partido e do FRAP, no cemiterio de Pereiró (Vigo), foi o lugar onde ducias de persoas celebramos a homenaxe aos últimos fusilados do franquismo, de cuxo asasinato se cumpren 48 anos, e a todas as vítimas da ditadura. Esta conmemoración organizada durante anos pola Comisión 27-S de Vigo reuniu a militantes da esquerda, antifascistas e republicanos, e na que o noso Partido xunto coa Plataforma Galega pola Terceira República tivo unha actitude colaborativa e de apoio mutuo coa organización.
O acto, amenizado co Himno de Rego e o Himno de Galicia (Os Pinos) interpretados en harmónica, contou co sempre ben acollido saúdo da escritora Rosa Regás e varias intervencións, entre elas a do noso camarada F. Ramos, sinalando alto e claro o carácter herdeiro co franquismo da Monarquía actual e a necesidade de tecer a máis ampla unidade para acabar coa mesma, construíndo a Terceira República ao servizo do pobo, para facer entre outras cousas unha verdadeira xustiza popular con quen deu a súa vida contra a tiranía fascista.
A tarde do mércores estivo cargada de memoria, ganas de combatividade e de coordinación desde a pluralidade en favor dun futuro republicano. Hoxe, igual que onte, tócanos ás e os comunistas adquirir o compromiso histórico dos marxistas leninistas no Estado Español: crear as condicións materiais para unha auténtica vangarda obreira e organizar a revolución democrática encamiñada cara ao Socialismo.
VIVA O PCE (m-l), VIVA O FRAP!
ABAIXO A MONARQUÍA!!
(Vídeo de la intervención del PCE(m-l))
Si quieres saber más sobre cómo fueron y vivieron aquellos momentos de septiembre de 1975 te recomendamos la lectura de este libro (pincha sobre la imagen para ver el pdf):