Comité Galego do PCE (m-l)
Esta fin de semana en Galicia, tras unha etapa de certo estancamento da mobilización social debido ao Covid 19, sucedéronse dúas manifestacións enfocadas na defensa do público fronte ás privatizacións que impón o capitalismo financeiro. E, por suposto, o Comité Galego do PCE (m-l) non faltou ás dúas citas no seu compromiso coa loita republicana e socialista.
O Sábado 13 de Novembro, convocados por MODEPEN, acudimos á capital galega para rexeitar o acordo do PSOE coas cúpulas de CCOO e UXT e as dereitas nacionalistas para a reforma das pensións, A cal vén rectificar a folla de roteiro oligárquica do Pacto de Toledo. Na mesma, coa repartición de centos de panfletos, detectamos un maior hartazgo coas políticas de recortes do goberno «progresista».
Desde estas liñas queremos sinalar o noso apoio incondicional ás seguintes iniciativas de MODEPEN e TRABALLADORES PENSIONISTAS e a nosa predisposición para colaborar nas mesmas.
Doutra banda, o Domingo 14, miles de persoas démonos cita en Compostela convocados por SOS SANIDADE PÚBLICA para defender unha atención primaria de calidade. Militantes do Partido, xunto coas compañeiras da PLATAFORMA GALEGA POLA TERCEIRA REPÚBLICA e o PCPE, repartimos un panfleto da ASEMBLEA REPUBLICANA GALEGA chamando a crear unha Plataforma Galega contra a 15/97 e o artigo 90, como leis fundamentais do Estado que permiten a privatización na Sanidade.
En definitiva, como queda claro en cada mobilización á que acudimos, o noso obxectivo inmediato é elevar a conciencia de clase entre a xente traballadora e avanzar cara a unha resposta unitaria fronte á crise sistémica que nos condena o capitalismo. Vémonos nas rúas!