Comité Galego do PCE (m-l)
A realidade da atención sanitaria no noso país amosa as numerosas e graves deficiencias na atención á cidadanía: hospitais e centros de saúde infradotados en persoal, material e instalacións, longas listas de espera, aumento das consultas telefonicas e telemáticas en lugar de presenciais, etc… A consecuencia é que cada vez máis persoas sufren desatención, con resultados irreversíbeis e mesmo tráxicos para a súa saúde e a súa vida.
O anterior dėbese en efecto a que a Xunta do PP non inviste o necesario en Sanidade e nos servizos sociosanitarios, como son as residencias para persoas maiores e a axuda no fogar. Pero esa política de negar recursos á Sanidade pública resposta sobre todo ao interés premeditado de dar negocio e potenciar á Sanidade privada, na que cada vez máis inviste o capital financieiro, coa seguridade de que recibirá cuantiosos fondos públicos por derivación de pacientes e outros sistemas de “xestión e colaboración público-privada”.
Esta política que deteriora a Sanidade pública está sustentada legalmente na Lei 15/97, aprobada no seu dia polo PSOE, PP, CiU e PNV, xunto co artigo 90 da Lei Xeral de Sanidade. Debemos esixir ao actual goberno central que proceda a DERROGAR XA esas normas legais. Se non se fai así, non é creíble falar da defensa consecuente da Sanidade pública é de impedir toda esa política de recorte e privatización que se practica en todo o Estado Español, e que se agrava coas novas medidas de “austeridade” aprobadas pola UE e polo constante aumento do gasto militar imposto pola OTAN, que vai en detrimento do gasto social.
A Sanidade pública, universal e gratuita é un dereito conquistado pola loita política, sindical e social do pobo traballador. Temos que defendelo contra o afán de beneficio do capital e rexeitar aos partidos que defenden os intereses deste, e que tamén puxeron xa as bases legais para privatizar o sistema público de pensións, coa Lei 12/2022.
Pero defendernos non é suficiente. Precisamos construir unha amplia fronte de unidade obreira e popular que loite por liquidar o poder da oligarquía e do imperialismo, das súas políticas de explotación, saqueo e guerra contra o pobo. E que nos permita conquistar un rėximen de poder popular e autentica democracia: A Terceira República.