BASTA DE ABUSOS E ESTAFAS
EMAFESA está controlada pola parte empresarial privada, SOCAMEX, que só busca o beneficio económico dos seus accionistas. Esa é a causa do seu longo historial de incumplimentos, maltrato e abusos contra a cidadania, consentidos e mesmo protexidos polos diferentes gobernos municipáis.
Un deses abusos máis coñecidos é o cobro da taxa por depuración cando a depuradora aínda non estaba en funcionamiento, taxa ademáis calculada por enrriba do seu coste real. Pero hai outros, como o cobro de lecturas estimadas abusivas para “ facer caixa”, a non instalacion de contadores, non pagarlle ao Concello o canon anual ao que están obligados legalmente, irregularidades nas contas e nas facturas que lle cobra ao Concello etc…etc…
O recibo é un dos máis caros de Galicia, e os salarios dos seus directivos tamên son dos máis altos.
BASTA XÂ QUE A PARTE EMPRESARIAL PRIVADA GOBERNE EMAFESA. O SERVIZO DE AUGA É LIXO TEÑEN QUE SER 100% DE XESTIÓN E CONTROL MUNICIPAL. ISO SIGNIFICARIA MENOR COSTE PARA A CIDADANIA E ADEMÁIS UN IMPORTANTE AFORRO DE CARTOS PARA O CONCELLO.
NON ACEPTES OS COBROS POR LECTURAS ESTIMADAS DE CONSUMO; cando esto ocurra devolve o recibo e esixe que te emitan outro co importe do consumo real, aportando fotos do contador. Se non van ao teu domicilio a anotar o consumo bimensual, achégate å oficiña de EMAFESA e comunícalles ti o consumo real antes de que emitan o recibo.
NON Á SUBA DO RECIBO DA AUGA APROBADA POR REY VARELA, ESIXENCIA DE RESPONSABILIDADES E REMUNICIPALIZACIÓN!!!
Traballadorxs Pensionistas