Cté. Galego do PCE(m-l)
Convocados pola Plataforma Antifascista e Republicana e o noso Partido xunto a outros coletivos,organizacións e sindicatos, concentráronse ducias de cidadáns ns Praza Vella, diante do Arsenal de Ferrol onde foron leídos diversos manifiestos e houbo gritos contra a OTAN, o xenocidio nazisionista contra as palestinas e contra as guerras que provocan o imperialismo contra os pobos.
As e os camaradas do Comité Galego do PCE (m-l), xunto coas compañeiras da Plataforma Antifascista e Republicana, convocados polo Encontro Galego contra a OTAN, Traballadorxs Pensionistas, BDS Galiza ou sindicatos como a CGT e o Sindicato de Estudantes, partipamos na concentración unitaria celebrada diante do Arsenal na cidade de Ferrol no marco do 39 aniversario do falso referendo sobre a permanencia de España na OTAN. Un referendo cuios acordos que co aumento da conflitividade entre os distintos bloques imperialistas víronse sistematicamente incumpridos.

Ducias de persoas démonos cita na Praza Vella ás 13:00 horas para reivindicar a solidariedade internacionalista fronte á ameaza dos Estados Unidos e os seus aliados, fundamentalmente pero non en exclusiva, contra os pobos que como o Palestino queren vivir en paz. Os e as asistentes lanzamos consignas coreadas nun ambiente combativo déronse paso a dúas intervencións centrais: unha proPalestina lida entre dúas compañeiras de BDS Galiza e a Rede Galega pola Palestina, e outra AntiOtan lida por dous representantes do Encontro Galego contra a OTAN. Ao finalizar houbo varias intervencións no micro aberto, entre elas moi aplaudidas a de Traballadorxs Pensionistas e a CGT, e cantouse A Internacional como remate.
O noso Comité traballou intensamente polo éxito desta movilización en Ferrol, que queremos que teña continuidade, e chamamos a consolidar e ampliar a unidade popular pola ruptura contra o Réxime do 78 como un proceso ininterrompido e imprescindible para acabar coas crises do capitalismo español e alcanzar o Socialismo no noso país como modelo oposto ao mesmo.
NIN GUERRA ENTRE POBOS NIN PAZ ENTRE CLASES!
O IMPERIALISMO É O TERRORISMO!!
A continuación video de algunas de las intervenciones en el acto: