Comité Galego do PCE(m-l)
Na mañán do 23 de Agosto celebróuse unha concentración de » urxencia » diante da porta do Arsenal militar de Ferrol para protestar polo envío por parte do goberno español dunha fragata para apoiar no mediterráneo oriental aos buques de guerra ianquis que á súa vez apoian si estado terrorista e xenocida de Israel. Esta acción se convocó de urxencia o día anterior pola tarde a iniciativa dos delegados de CGT en Navantia, ao confirmarse á saida da Fragata às 11,00 da mañán. Participamos unhas 30 persoas, co apoio activo do noso Partido e doutros colectivos, como Traballadores Pensionistas.
Berramos consignas como » O Goberno español apoia ao sionismo», » Israel asasina, a OTAN patrocina», » Goberno español, lacaio dos ianquis «, » Ningunha fragata contra o pobo palestino», » Non é unha guerra, é un xenocidio», » Palestina vencerá » etc…
Quedamos de acordo en preparar novas accións diante das instalacións da Armada, en rexeito da súa participación en accións subordinadas á OTAN, USA e UE, é os seus intereses imperialistas a,favor da guerra e apoiando aos nazi- sionistas. E coa idea de que próximamente se celebre en Ferrol unha gran movilización de toda Galicia no mesmo lugar e cos mesmos obxectivos, denunciando inequívocamente o papel de cómplice activo do Goberno español.