Esta pasada fin de semana confirmouse que un home de 76 años asasinou a súa esposa de 74 en A Coruña, por lo que xa ingresou en prisión provisional. Rápidamente, diferentes institucións e entidades galegas convocaron concentracións e minutos d silencio. Unha practica repetitiva e valeira que hai tempo perdeu o significado e valor, e que xa só serve para que cargos políticos saian á rua con cara afectada en patéticas escenificacións para a foto de prensa.
O contínuo goteo de asasinatos de mulleres, que suman xa este ano 28 vítimas (1.272 dende 2003), son a parte máis visible dun amplo cadro de violencia contra as mulleres que inclúe, ademáis, todo tipo de lesións físicas e psiquicas, o maltrato social, sexual e o psicológico. As marxistas debemos gardar prudente distancia cos actos e xestos vacíos da burguesía capitalista, pero tamén e absolutamente necesario facer unha análise certeira das causas que orixinan a traxedia, porque só coñecendo as causas, estas poderan ser combatidas e eliminadas.
CAUSAS SISTEMICAS
Existe un sistema organizado de violencia contra as mulleres, baseado nunha concepción social e cultural patriarcal de opresion e de control. O sistema capitalista sustenta e perpetúa opresion e a violencia porque as necesita para subsistir: o patriarcado é peza fundamental no sistema capitalista, é un xeito de exercer o poder. Como tal peza clave, denunciamos que os elementos más reaccionarios da política, a cultura e a economía incentivan posicións regresivas e ofensivas político-culturais, alarmados polos logros que ate o de agora temos acadado as mulleres. Denunciamos tamén que certos sectores identificados como “socialdemocratas”, “progresistas” ou “de esquerdas”, non combaten estas ofensivas reaccionarias e fascistas. Ista pasividade é moito máis vergoñenta cando, estando nos gobernos e nas institucións, se teñen a man os recursos e os medios necesarios para combatelas.
CRISE DE VALORES, EDUCACION E MODELOS CULTURAIS
É tamén necesario ter en conta a crise de valores do sistema capitalista e a burguesía occidental. A sociedade atópase totalmente mercantilizada: a sanidade, a educación, a vivienda…, etc. Todo é unha mercancia cun valor en proporción á extensión da propiedade privada. As relacións sociais, persoais e sexuais entran de pleno nesa dinámica privatizadora e mercantilista, co egoísmo, a superficialidade, a pornografía e a prostitución, como únicos modelos que se ofrecen, en especial á mocidade.
É habitual escoitar que “a educación”, pode paliar e mesmo solucionar a violencia. É unha falsidade. Un sistema educativo inserido nun sistema capitalista, que fai da educación unha mercancía, só serve para perpetuar o modelo capitalista de explotación e individualismo. A educación burguesa é unha ferramenta máis para manter ó sistema patriarcal, para que se acepte sen discusión, actuando como dique de contención contra as reivindicacións das mulleres. Polo tanto, o recurso simplista da “educacion” non é a solución ó problema da violencia machista.
A extensión da educación privada é outro factor que perpetúa á violencia machista. A educación de base relixiosa, maioritaria na privada, obvia a educación sexual, esquece a historia da discriminación das mulleres, evita o análise das súas causas e impide que nenas e mozas tomen conciencia da súa capacidade para decidir sobre o propio corpo e a súa saude. Por outra banda, os mozos reciben nese ambito educativo uns valores patriarcales, que perpetuan os roles historicos de dominación, agochados como “tradicionais”.
Vemos como as redes sociais promocionan roles de muller sumisa, servil ó “macho”, nunha idealización de matrimonio, onde se cosifica ás mulleres e se restrinxe o seu papel social e persoal a coidar do marido, parir fillos e limpar o fogar, ofrecendo unha colección de papeis secundarios, subalternos e ridículamente trasnoitados. É outra indecente ofensiva de propaganda en defensa do sistema patriarcal, burgués e capitalista.
UNHA ANALISE MARXISTA
Desde un punto de vista marxista, as feministas debemos ter en conta os fundamentos materiais que afectan ás estructuras económicas, sociais e culturais. Non podemos esquecer que todo o constructo de opresión e violencia que padecemos as mulleres ten un componente de clase, e como tal, necesita de estructuras sociais, economicas e culturais que o sustenten e perpetúen.
As marxistas coidamos que é imperativo loitar contra os modelos de opresión e as expresións da ideoloxía dominante, contra os seus valores machistas, individualistas e mercantilistas, e isto inclúe ademáis, a necesidade primordial de combater todo signo de opresión machista que poida darse dentro mesmo da clase obreira.
Ainda que non falou directamente de patriarcado, hai xa 140 anos que Friedrich Engels sentou as bases da analise marxista na obra A orixe da familia, a propiedade privada e o estado. Engels explicou o paso dos procesos primitivos de reproducción biolóxica-social cara os procesos de producción e apropiación de bens. Engels foi un dos primeiros en soster que a violencia contra as mujeres se inicia dentro da mesma familia: “O home tomou o mando tamén no fogar; a muller foi degradada e reducida á servidume; se convirteu na esclava da súa lujuria e en mero instrumento para a producción de fillos… Para asegurar a fidelidade da súa muller e polo tanto, a paternidade dos seus fillos, e entregada sen condicións ó poder do marido; se él a mata, só está a ejercer o seus dereitos”.
Friedrich Engels, Clara Zetkin, Rosa Luxemburgo e Aleksandra Kollontai son parte fundamental para explicar a institucionalización do patriarcado no capitalismo e como a xustificación da opresión patriarcal e de clase é intrinseca e necesaria para a supervivencia do sistema capitalista. Nunha publicación de 1909 titulada “Os fundamentos socialistas da Cuestión da Muller”, Alexandra Kollontai explicaba por qué é imposible a alianza entre as mulleres da clase obreira e as mulleres da clase dominante, a pesares de que poidan compartir aspectos da opresión: “O mundo das mulleres se divide, como o mundo dos homes, en dous bandos: os intereses e as aspiracións dunha parte a achegan cara a clase burguesa, mentres que a outra esta en relación estreita co proletariado e a súa proposta libertadora inclúe unha solución completa da cuestión da muller. Así pois, ainda que ambalasdúas partes persigan en xeral a “liberación da muller”, o seus obxectivos e intereses son distintos. Cada unha das partes, inconscientemente, establece a súas propostas iniciais a partires dos intereses e aspiracións da súa propia clase, o que dota dunha cor específica de clase ós obxectivos e tarefas que establecen para si mesmas…”
CONCLUSIONS
En tanto continúe o marco de producción e a sociedade capitalista, tamén pervivirá a contrucción ideolóxica que necesita de diferentes estructuras de sometimento: o da clase proletaria á clase burguesa ou o das mulleres ás estructuras patriarcais. Polo tanto, a organización e a loita das mulleres deben ter uns componentes intrinsecos de clase. A loita feminista é a loita da clase traballadora. Se complementan, non pode existir unha sen a outra, porque a opresión e a violencia patriarcal é parte da opresión social e de clase, e da opresión capitalista en xeral.
É imprescindible entender que non existirá emancipación total da muller e erradicación da violencia, moito menos a desaparición dos asasinatos machistas, sen a superación do marco capitalista. Non hai opcion: a revolución é necesaria porque as clases dominantes non poden ser derrotadas de outro xeito, e sen derrotar á clase opresora, as mulleres non imos desembarazarnos de toda esa vella basura e construir unha nova sociedade. É certo que o éxito dunha revolución socialista non garante automáticamente a liberación das mulleres do pobo traballador, pero crea condicións materiais e sociais infinitamente máis favorables para acadala. Ainda que se acadaron logros dentro do marco capitalista, estes distan moito dos conseguidos en tempos pasados polas nosas compañeiras durante a revolución bolchevique ou a era soviética, onde as mulleres acadamos o máis rapido avance da Historia, con milloras que moitas nunca xamais soñaran.
Por todas as que nos precederon, polas que faltan, polas que veñen xa pulando detrás de nós: Non cabe un paso atrás, só e posible avanzar. Os avances que acadamos deben ser defendidos con ferocidade, tanta como a que debemos mostrar para conquistar outros novos.
Hoxe máis que nunca, o papel revolucionario do feminismo é indispensable; o papel do feminismo na revolución é irremplazable. E para que os avances sexan reais e duradeiros, é imprescindible a conquista revolucionaria do poder e a transformación real e de base da sociedade. Quen negue este papel transformador e revolucionario, nega a raiz mesma do feminismo.
VIVA A LOITA FEMINISTA
VIVA A LOITA OBREIRA