Comunicado da Asemblea Republicana Galega diante do 14 de Abril

Este 14 de Abril, mergullados de cheo nunha crise sanitaria sen precedentes que ven profundizar o camiño trazado pola crise capitalista que estalou en 2008, celébranse 90 anos da instauración da Segunda República. Unha República que fora alcanzada co consenso maioritario dos pobos de España e cun espírito democrático e unitario para acabar cos vestixios do Clero, a Nobreza e a Coroa e tombada lamentablemente polo criminal golpismo das forzas reaccionarias, que a base do derramamiento do sangue de millóns de persoas, impuxo unha ditadura nacionalcatólica da cal a actual Monarquía é herdeira.

Hoxe, tristemente, unha vez máis o fascismo, a cara máis violenta e totalitaria do poder financeiro, avanza grazas en parte ao descrédito das políticas das esquerdas nas institucións, que en lugar de sinalar directamente os límites do Réxime do 78 (o cal é evidente que non permite grandes reformas xa que a súa natureza é o de beneficiar a unhas poucas persoas pertencentes a unha clase social privilexiada) e de crear un bloque contra o mesmo, adicáronse a parchear un sistema económico cuxo modelo produtivo está baseado na explotación do home polo home para manter os innecesarios luxos dunha clase parasitaria como o son os grandes capitalistas.

Aínda así, na actualidade, a gran farsa que foi denominada como Transición está a ser posta en cuestión por cada vez máis amplos sectores da xente do común. A desindustrialización forzosa en favor dun suposto “mundo máis sostible” (imposible baixo a lóxica neoliberal de explotación incesante dos recursos naturais), a perda de servizos públicos esenciais que son privatizados ou a falta de liberdade de expresión teñen múltiples respostas, dispersas de momento, pero téñenas. A lexitimidade da Monarquía, e dos partidos que a sustentan, está en dúbida do mesmo xeito que a forma de dominación capitalista que representa. En cada mobilización, en cada folga, en cada manifestación, as voces críticas contra o marco político neofranquista escóitanse con cada vez máis forza.

Por todo iso, desde a Asemblea Republicana Galega, constituída pola Plataforma Galega pola Terceira República, o PCE (m- l), o PCPE, Cedeira pola Esquerda, o Colectivo Republicano de Redondela, o Colectivo republicano SeR da Coruña e persoas a título individual, chamamos á unidade da esquerda rupturista e revolucionaria, comprometéndonos coa organización e a mobilización dos sectores máis golpeados polos recortes e a constante perda de emprego, creando unha alternativa democrática e popular en forma de unidade popular republicana, para en primeiro lugar forzar aos gobernos de quenda co fin de que se posicionen en temas de vital importancia como o traballo ou a sanidade, elevando a conciencia das capas operarias do país e deixándoos en evidencia, e en segundo lugar para blindar os dereitos da clase traballadora, creando así as condicións necesarias para que o fascismo non avance. Todo isto non vai ser posible sen unha acumulación de forzas que faga posible a Terceira República, baseada na libre vontade dos pobos, e onde o poder obreiro e popular faga efectivas, entre outras medidas políticas urxentes, a nacionalización dos sectores estratéxicos da economía, a industrialización do país ou a creación dun banco público de vivendas.

POLA UNIDADE DO POBO!

POLA TERCEIRA REPÚBLICA!!

CONTRA O FASCISMO, ORGANIZACIÓN E LOITA!!!