1mayo todo

 

Comité de Galiza do PCE(m-l)

Diante do 1º Maio, data de movilización internacional da clase obreira polos seus dereitos, contra o capital, e pola conquista da sociedade sen explotación, do socialismo, o Comité de Galiza do PCE (M-L) quere enviar un saúdo a tódolos/as traballadores/as do noso país, e reafirmar a nosa vontade de impulsar e participar no ineludible proceso de unidade, firmeza e loita que a nosa clase e todo pobo debemos poñer en marcha xa, se efectivamente queremos evitar que unha vez máis sexamos nós os que paguemos as consecuencias da crise do capitalismo, agravadas esta vez pola pandemia do Covid19.

A resposta da Xunta de Galicia do PP diante da enfermidade é escandalosa e mesmo criminal. Si xa antes desta situación estaban inmersos no proceso de privatización de complexos sanitarios, con déficit de medios humanos e materiais, con peche de especialidades nas áreas sanitarias, listas de espera, e un longo etcétera, ante a pandemia, Feijóo limitouse a “tirar balóns fóra” e tentar agochar a súa incompetencia e falla de interese para atender as necesidades da poboación e persoal sanitario, derivando responsabilidades ao goberno central (aproveitando o estilo centralizado de xestión polo que este optou). As denuncias do que ocorreu e do que segue a ocorrer, están ben documentadas polas organizacións, colectivos e persoas que traballan na sanidade galega e nas residencias para persoas maiores. A elas nos remitimos e agardamos que teñan non só repercusión política e social se non tamén consecuencias penáis.


Para defender os intereses do pobo e para pararlle os pés ao capital precisamos a máis ampla unidade popular. Pero é imprescindible que esta teña a necesaria claridade e honestidade para non estragala, para lograr que o movimento obreiro e o pobo a recoñezan dende o primeiro momento como a ferramenta útil a apoiar e na que participar. A experiencia recente en Galiza (e no resto do estado) demóstranos que non se pode facer pasar por unidade popular o que resultou ser un mero instrumento electoral dominado por cúpulas. Que ao fin e ao cabo, tanto pola súa incoherencia como polo seu afán de control interno (pensando sobre todo nas listas eleitorais) mesmo participan en políticas contrarias as que dicían defender. Coas gravísimas consecuencias de defraudación e desmovilización das camadas populares. A realidade socioeconómica e laboral de Galiza xa é grave: peche de industrias, perda de emprego na pesca, explotacións agropecuarias asfixiadas, emigración, nulo control sobre os nosos recursos naturáis e enerxéticos... Pero as consecuencias desta crise van ser aínda máis duras.
O programa de acción e reivindicación para defender os intereses do pobo está no fundamental enunciado polas organizacións políticas, sindicais e sociais de esquerda. Defendelo con coherencia e intransixencia nas rúas e en tódolos ámbitos de
UNIDADE, ORGANIZACIÓN E FIRMEZA CONTRA O IMPERIALISMO
actuación, é a saída que temos. E non a aceptación de novos “escates” da UE nin pactos, nin medias tintas coa oligaquía, coa excusa dunha presunta “reconstrución” que pouco ou nada solucionará dos problemas e sufrimentos que afectan ao pobo traballador.
Se queremos que a nosa loita teña éxito, debemos plantexala estando a altura do noso inimigo: o imperialismo. E tendo moi presente a ameaza, cada vez maior, do fascismo e da represión. Cremos sinceramente que a unidade popular a construir en Galiza non pode ser exclusiva. Debe formar parte, en pé de igualdade, da unidade popular no conxunto do estado; debe ser quen de establecer tódolos lazos posibles co movimento obreiro e popular noutros estados de Europa e do mundo.
No estado español as clases dominantes, en estreita relación co capital internacional, exercen o seu poder político, económico, social e militar mediante a monarquía herdeira do franquismo. Derrotala e substituíla por un réxime auténticamente democrático e de poder popular, é unha condición básica para mudar as cousas e para que o pobo poida exercer e gozar dos seus dereitos. E no caso da nosa nación, exercer tamén en liberdade o dereito de autodeterminación.
POLA UNIDADE POPULAR

CONTRA O CAPITAL

POLA REPUBLICA POPULAR E FEDERATIVA

VIVA A LOITA DA CLASE OBREIRA