Imprimir 

Estimados/as camaradas e amigos/as:

Hoxe 5 de Abril ás 7'00 da mañán finóu en Vilagarcía o noso camarada Luis Ares Valentín, aos 85 anos de edade. 

Morreú un comunista que, mentras as forzas lle acompañaron, sempre estivo na acción política ao servizo da loita obreira, contra o capital, pola República Popular e polo Socialismo.

Só a súa enfermedade e a dos familiares máis achegados poideron impedirlle unha  militancia activa na organización  e a permanente presenza  nas movilizacións na rúa; pero ata o último momento animóu a todos a que continuaran esa loita.que déu sentido á súa vida e que o convirtéu nun exemplo de obreiro consciente, combativo e solidario.

A súa honradez e compromiso coa causa do socialismo levóuno a afastarse sempre de ambicións personáis. e a rexeitar o oportunismo e o engaño do que foron e son víctimas tantos militantes que confiaron no PCE. A súa firme e coherente defensa dos principios ideolóxicos e políticos do marxismo-leninismo o motivaron para converterse nun activo simpatizante do noso Partido, o que nos enche de orgullo.         

Camarada Luis, o teu exemplo está connosco.

Comité de  Galicia do PCE (M-L)