Estimados/as camaradas e amigos/as:
Hoxe 5 de Abril ás 7'00 da mañán finóu en Vilagarcía o noso camarada Luis Ares Valentín, aos 85 anos de edade.
Morreú un comunista que, mentras as forzas lle acompañaron, sempre estivo na acción política ao servizo da loita obreira, contra o capital, pola República Popular e polo Socialismo.
Só a súa enfermedade e a dos familiares máis achegados poideron impedirlle unha militancia activa na organización e a permanente presenza nas movilizacións na rúa; pero ata o último momento animóu a todos a que continuaran esa loita.que déu sentido á súa vida e que o convirtéu nun exemplo de obreiro consciente, combativo e solidario.
A súa honradez e compromiso coa causa do socialismo levóuno a afastarse sempre de ambicións personáis. e a rexeitar o oportunismo e o engaño do que foron e son víctimas tantos militantes que confiaron no PCE. A súa firme e coherente defensa dos principios ideolóxicos e políticos do marxismo-leninismo o motivaron para converterse nun activo simpatizante do noso Partido, o que nos enche de orgullo.
Camarada Luis, o teu exemplo está connosco.
Comité de Galicia do PCE (M-L)