COMUNICADO do Comité Galego do PCE (m-l) DIANTE DO 92 ANIVERSARIO DA PROCLAMACIÓN DA SEGUNDA REPÚBLICA
O 14 de Abril de 1931 foi derrocada a monarquía borbónica, expresión do poder político, económico e social da ultrareaccionaria oligarquía española. A República proclamada foi un innegable avance que apoiou a gran maioría dos traballadores e dos pobos de España, a pesares de que aínda non representaba o seu poder e estaba lonxe de desenvolver os profundos cambios revolucionarios que se demandaban. Pero o camiño quedaba aberto. A revolución obreira de 1934 significou un avance cualitativo para que os intereses do movimiento obreiro pesaran cada vez máis. A creación e o programa da Frente Popular significou por fin un importante paso para que a República comenzara a realizar os cambios necesarios a favor do Pobo traballador, que coa súa forza organizada e a súa loita constante, era a a garantía dese proceso imparable. Por iso a oligarquía, co apoio da Alemania nazi e da Italia fascista, pero tamên do imperialismo británico e norteamericano, organizaron o criminal golpe de estado e a guerra e o terror contra o Pobo que defendía a súa República e un futuro de liberdade e de xustiza, sen represión nin explotación.
Todalas forzas democráticas apoiaron á Frente Popular e a nova República que xurdia, como fixo o Partido Galeguista, con Bóveda e Castelao en cabeza.
Éste explicaba que se trataba de conquistar "unha República asentada sobre as diversas realidades das nacionalidades dos pobos de España, e na que éstas teñan pleno recoñecimento dos seus dereitos nacionais e plena igualdade, nun marco federativo". Pero Castelao decía máis: " a loita contra o fascismo e a guerra esixe a máis profunda unidade na loita é nos obxectivos de tódolos pobos. A liberdade nacional sò poderá conquerirse trala destrucción dos estados imperrialistas e do propio capitalismo". Asumía así as ensinanzas da ideoloxía proletaria e a súa aplicación práctica na URSS de aquel entón.
A pesares de tódalas loitas e sacrificios do pasado e do presente, hoxe seguimos a soportar unha monarquía herdeira do franquismo e imposta pola chantaxe, a represión, o engano e a traición. Con este rėximen corrupto e explotador a oligarquía, que tivo que aceptar algúns cambios, asegúrase que o seu poder económico e os seus privilexios siguen a ser intocables. Como onte, a liquidación dese poder e a conquista da República ao servizo do Pobo é a cuestión fundamental a resolver si de verdade queremos o pleno exercicio dos dereitos democráticos políticos, sociais e laborais; e rematar co abuso e a explotación aos que estamos sometidos como traballadores. Para facela realidade é necesaria a máis amplia unidade popular, que esixe e coherencia de tódalas forzas que se proclaman de esquerda, que de ningún xeito poden apuntalar á monarquía. Avancemos por ese camiño.
Contra a explotación e a guerra imperialista!
Pola República Popular e Federativa!
Polo Socialismo!