Imprimir 

Eb1aiMQWkAYfUD6

 

Nunha crise sanitaria e política na que coma sempre o pobo traballador é o que sufre as consecuencias da mesma, os banqueiros decidiron pedir maior implicación aos usuarios, cambiando as clausulas e sufrindo os que non as cumplan (a maioría) as novas normas que se traducen fundamentalmente en comisións abusivas para os que menos teñen.

Os bancos son negocios, e o seu obxetivo é o máximo beneficio. O funcionamento do sistema bancario é moi simple: quen ten cartos dabondo dallo a unha entidade para que o preserve a un tanto por cento en intereses, e polo contrario, se alguén precisa dun préstamo pidello ó banco a un interese alto. E aquí é onde entran a avaricia e a estafa.

ABANCA, tralo escándalo das preferentes e o rescate de 9.000 millóns trala fusión das dúas caixas con maior implantación en Galicia e con moita importancia no rural (Caixa Galicia e Caixa Nova), proceso que supuxo a súa progresiva transformación en banco e a posterior privatización, vendéndose finalmente a Escotet por 1.000 millóns (os cales aínda non están pagados de forma total), empeza a aplicar dende xuño excesivas comisións baixo o concepto de mantenemento e administración (arredor de 100 euros anuais), os cales nin siquera foron notificados por escrito nin negociados cos clientes e nun momento no que a crise polo Covid19 golpea e vai a seguir golpeando á maioría social.

Estos cambios nas condicións das contas correntes supoñen mais beneficios para ABANCA, que xa nos primeiros tres meses de 2020 obtivo 127 millóns de beneficios netos e o 2019 logrou 407 millóns en todo o ano. Queda claro polo tanto que a bolsa é hoxe o centro da forma mais perversa do capitalismo financieiro.

Entrevista en Nós Televisión

Pero cabe advertir que ABANCA non será a única sucursal que siga esta idea de aproveitarse dos nosos aforros con elevadas primas, xa que para seguir mantendo a súa taxa de beneficio só poden abusar de xubiladas con pequenas pensións, desempregadas de longa duración, traballadoras que aínda non cobraron ós ERTE e familias enteiras que se quedaron en números vermellos.

Quenes asinamos este documento chamamos a reforzar e a apoiar a multitude de plataformas locais de afectadas de ABANCA que se están dando en cidades como Ourense, A Coruña ou Santiago de Compostela. Así mesmo, chamamos á creación dunha banca pública, transparente e democrática, onde non exista a especulación nin ganancias privadas, pasando así a ser un servizo para a xente do común.

Defendemos, tamén, a necesidade de unificar todas as loitas que se están dando, xa non só neste ámbito, ao redor dunha proposta política que permita un cambio radical e profundo para blindar o benestar xeral da clase traballadora.

NIN UN EURO MÁIS PARA SALVAR A QUENES NOS ESTAFAN!

BANCA PÚBLICA XA!!

ABANCA É A MAFIA!!

Plataforma Galega pola Terceira República

Comité Galego do PCE (ml)

Partido Comunista dos Pobos de España

Cedeira pola Esquerda