Imprimir 

Este 25 de Xullo, dia nacional de Galicia, un bo continxente do Partido, así como de compañeiros/as doutras formacións próximas (Plataforma Galega pola Terceira República, por exemplo) e simpatizantes , acudimos ás distintas concentracións en Santiago de Compostela, facendo un chamamento á unidade contra o Réxime do 78 como eixo principal de acción política das esquerdas. Apelamos a unha Fronte Popular, que como no 36, supere a dicotomía (aproveitada esta polos reaccionarios para dinamitar calquera confluencia) entre posicións federalistas, confederalistas e soberanistas fronte ao perigoso avance do fascismo.

A pesar da notable perda de poder de convocatoria con respecto a anos anteriores, e da dispersión desta importante xornada en varias manifestacións (todas próximas entre si), a nosa propaganda foi ben acollida por todos os asistentes, quedando contrastado o aumento do interese cara ás posicións dos marxistas leninistas coherentes, as cales sempre foron históricamente a loita pola Democracia Popular e o Socialismo.

Temos claro que o camiño cara a unha ruptura democrática é longo, mais alí onde estea unha reivindicación democrática xusta (como é neste caso o dereito á libre determinación dos pobos e nacións peninsulares), as bandeiras vermellas e republicanas sempre serán levantadas pola clase obreira organizada en torno ao PCE ( m- l). Pola República, a Autodeterminación e o Socialismo! Unidade!!!

Comité Galego do PCE ( m- l).

29 de Xullo do 2018.

 

[VERSIÓN EN CASTELLANO]

25Xullo2 350Este 25 de Julio, dia nacional de Galicia, un buen contingente del Partido, así como de compañeros/as de otras formaciones cercanas (Plataforma Galega pola Terceira República, por ejemplo) y simpatizantes, hemos acudido a las distintas concentraciones en Santiago de Compostela, haciendo un llamamiento a la unidad contra el Régimen del 78 como eje principal de acción política de las izquierdas. Apelamos a un Frente Popular, que como en el 36, supere la dicotomía ( aprovechada ésta por los reaccionarios para dinamitar cualquier confluencia ) entre posiciones federalistas, confederalistas y soberanistas frente al peligroso avance del fascismo.

A pesar de la notable pérdida de poder de convocatoria con respecto a años anteriores, y a la dispersión de esta importante jornada en varias manifestaciones (todas cercanas entre sí), nuestra propaganda ha sido bien acogida por todos los asistentes, quedando contrastado el aumento del interés hacia las posiciones de los marxistas leninistas coherentes, las cuales siempre han sido históricamente la lucha por la Democracia Popular y el Socialismo.

Tenemos claro que el camino hacia una ruptura democrática es largo, mas allí donde esté una reivindicación democrática justa (como es en este caso el derecho a la libre determinación de los pueblos y naciones peninsulares), las banderas rojas y republicanas siempre serán levantadas por la clase obrera organizada en torno al PCE (m-l).

¡Por la República, la Autodeterminación y el Socialismo! ¡¡¡Unidad!!!

Comité Galego do PCE (m-l). 29 de Julio del 2018.