Imprimir 

Xuizo e condena da criminal dictadura franquista e de todo los que a serviron

O 27 de Setembro fái 42 anos das últimas condeas a morte asinadas polo asasiño Franco; aínda que houbo en todo o mundo masivas manifestacións e retiráronse embaixadores por parte de moitos estados, foron fusilados Xosé Humberto Baena, Xosé Luis Sánchez-Bravo, Ramón García Sanz -militantes do PCE (M-L) e do FRAP-, e Juan Paredes e Angel Otaegui, militantes de ETA. Continuaba así a longuísima lista de persoas asasinadas polo terror fascista en España, vítimas que aínda non foron obxeto da reparación política, moral e material que merecen porque o impide a Monarquía herdeira do franquismo, coa colaboración dos que apoian a este réximen corrupto, explotador e represor, que está ao servizo das mesma clase oligárquica que organizóu o 18 de Xullo.

Os nosos camaradas eran comunistas que loitaban polo poder para a clase obreira, pola súa emancipación fronte ao capital e para construir o Socialismo no estado español e a escala internacional, seguindo as ensinanzas e o exemplo da Revolución de Outubro e das numerosas loitas da clase obreira en todo o planeta e a heróica resistencia contra o fascismo dos traballadores e dos pobos de España coa axuda sobre todo da URSS e dos Internacionáis.

Para derrocar á criminal dictadura e impedir o continuismo franquista que artellóu a chamada "transición", eles impulsaron a acción do FRAP pola unidade popular antifascista, antiimperialista e republicana. A República que reclamaban era entón e segue a ser hoxe unha República ao servizo do pobo, un réximen a conquistar pola loita popular para asegurar o poder d@s traballador@s e o pleno exercicio de tódolos dereitos e libertades democráticas, nos eido político, social, laboral, económico....

A pesares de tanto engano, manipulación e represión, e de todo o apoio que tivo e que aínda tén dende sectores que mesmo denomínanse de esquerdas, a monarquía perde base social e cada vez máis amosa ante o pobo a súa faciana de réximen ao servizo dos intereses do capital e do imperialismo.

A experiencia deste días en relación ao "procés" en Catalunya confirma entre outras cousas que mentras a monarquía exista, a oligarquía utilizará tódolos resortes de poder necesarios para impedir o dereito de autodeterminación, como impide tódolos días que a clase obreira e o conxunto do pobo traballador poidan exercer o o seu dereito a non ser expoliado, estafado e explotado. Polo tanto é evidente a necesidade de rematar coa monarquía para que os dereitos democráticos e populares poidan ser exercidos plenamente, pero para que esa tarefa teña éxito precisamos construir unha ampla e unitaria frente de loita obreria e popular no conxunto do estado, cun programa que reivindique a República democrática, popular e federativa; o efectivo dereito de autodeterminación de Galiza, Euskadi e Catalunya; o rexeito á UE e aos dictados do imperialismo (OTAN, FMI, Banco Mundial ..), a solidariedade internacionalista...

Está é a proposta de unidade e acción política que fixeron os nosos camaradas e tantas e tantas vítimas do fascismo, e que hoxe reiteramos. os comunistas, que temos como obxetivo último a destrución do capitalismo e a construcción da sociedade sin explotadores nin explotados.

A Comisión 27 de Setembro convoca ese mesmo día ás 6 da tarde un acto en Vigo diante da tumba de X.H. Baena no cementerio de Pereiró.

POLA REPUBLICA POPULAR E FEDERATIVA;

POLA AUTODETERMINACIÓN E O SOCIALISMO.

Comité Galego do PCE (m-l)