Comité Galego do PCE (m-l) 

Por decisión da Comisión Europea, a partires do día 9 de Outubro non se poderá pescar en 87 caladeiros históricos de pesca de altura no Atlántico Nororiental. Isa medida significa que uns 400  barcos de pesca " de altura"  con base ou capital  de Galiza terán que quedar sin actividade, xá que non  existen caladeiros alternativos.  Outros 600 barcos de " artes menores"  de portos galegos  tamên verán reducido o seu traballo. O resultado é a perda do seu medio de vida para varios milleiros de mariñeiros, ademais da repercusión negativa que terà para as lonxas, transporte, venda ao publico etc...

Os argumentos presentados pola UE son sobre todo de tipo ecolóxico; sin dúbida a sobreexplotación dos bancos de peces e o dano ao fondo mariño é sempre un problema real, contra o que hai que tomar medidas pero tamên adoptar solucións que cubran aos traballadores do mar que perdan estacional o definitivamente o seu traballo.Pero aquí estamos diante dunha decisión que, utilizando como excusa a ecoloxia e o medioambiente, busca deixar libre de dereitos históricos esas zonas de pesca para poder negociar económicamente coas mesmas para dar negocio a grandes corporacións que utilizarán grandes barcos de pesca intensiva e que ademáis non se limitarán só a capturar e conservar, senón tamên a procesar a bordo industrialmente a pesca para a súa venda inmediata nada mais desembarcar o producto.
En definitiva, a concentración do capital buscando negocio rápido e rendible rendible a costa das pequenas e medianas empresas que representan a actual flota galega. Pero como decimos, sin que se debata nin se acorde ningunha medida para paliar as gravisimas consecuencias para o emprego, a sociedade e a economía de Galicia, e especialmente das localidades costeiras nas que os barcos amarrados son a principal fonte de ingresos.
Este Goberno central, e a Xunta de Galicia  do
PP tamên ( pese às sûas hipócritas declaracións de oposición e anuncios de recursos legáis ), unha vez máis se someten aos dictados do capital, cuios intereses dominan as decisións políticas e administrativas da UE. E  en consecuencia "pasan"  das necesidades e dereitos do pobo. Temos que deixar claro que a defensa da actividade pesqueira 
non nos fái deixar en segundo plano as reivindicacións laborâis e sociáis dos mariñeiros frente aos armadores e patróns, que acostumbran a abusar en materia de salarios, xornada laboral e prevención de accidentes. Un exemplo desa realidade, na que a autoridade laboral e a administración apenas interveñen, se puxo de relieve co tráxico naufraxio do pesqueiro Vila de Pitanxo.
O Comité Galego do PCE (M-L)  manifesta o seu apoio e solidaridade coas movilizacións e reivindicacións dos traballadores da pesca que esixen a continuidade da súa actividade laboral, con dereitos e sin explotación; e que de perder o seu traballo reclaman un plan especial de cobertura de desemprego e de proxectos de recolocación. Ao fin e ao cabo, para estas e outras xustas reivindicacións a falta  diñeiro non debería ser excusa:  son miles de millóns de euros públicos os que os grandes grupos financieiros e empresariais están tódolos dias a embolsarse, e entre outras coartadas como axudas para adaptarse ao cambio climático, novas tecnoloxias etc..
Contra o aumento do desemprego.
Polos dereitos laborâis e sociáis.
Os cartos públicos para a creación de postos de traballo e as necesidades sociais.