Diseño sin título

 

Comié Galego do PCE(m-l)

O 12 de Agosto de 1975 a policía franquista asesinaba a tiros en Ferrol a  Moncho Reboiras, destacado militante da UPG, partido da esquerda nacionalista principal impulsor e organizador do BNG. No seu día  houbo felicitacións e méritos entre a policía por ter "eliminado a un perigoso terrorista", cando pretendía escapar da súa detención. Pero grazas á "exemplar transición" que ao conxunto dos traballadores e pobos de España nos impuxeron a oligarquía, o imperialismo e os que con ambos colaboraron activamente (especialmente os que falsamente se titulaban de comunistas e socialistas), este crimen quedou impune. Como os decenas de miles cometidos pola barbarie franquista. O noso Partido saúda a memoria e o exemplo de Moncho Reboiras e chama a acudir aos actos de homenaxe que a UPG convoca. A unidade na loita é a maior garantía de que teñamos éxito en convertir en realidade as arelas de liberdade social e nacional polas que morréu  Moncho. Enfronte, o enemigo común que as impide, a monarquía herdeira do franquismo e ao servizo do capital.