Imprimir 

2

 

Algúns partidos de esquerdas, sindicatos e usuarios de ABANCA, así como a maioría social no seu conxunto, botamos fume polas excesivas comisións en concepto de mantemento e administración que impuxeron aos clientes, sen carta ordinaria e sen firma que corroborase ese cambio.

Todo empezou co eco das redes sociais, e a partir de aí, fomos tecendo plataformas de afectados en lugares como Ourense, Salceda, Salvaterra do Miño ou Compostela, con tres obxectivos fundamentais: a devolución desas comisións, mostrar o descontento xeneralizado coa xestión das nosas contas correntes e a necesidade de crear unha banca pública, transparente e democrática, fóra das mans do capitalismo financeiro  privatizador.

No concreto, na capital galega concentrámonos en réxime de  autoconvocatoria o pasado 1 de xullo para esixir o anteriormente exposto. Decenas de persoas, na súa maioría desempregados, traballadores en procesos de  ERTE e ERES, pensionistas e xentes do rural (as verdadeiras vítimas desta estafa), manifestamos o descontento con todo o sucedido.

Desde logo, visto o escenario de desvergoña e en moitos casos de malgasto en custosas campañas fraudulentas por parte de ABANCA (onde se nos dicía que nesta situación do  COVID19 poderiamos estar tranquilos cos nosos aforros), non vai ser a única acción que desenvolvamos.

Nos próximos días, e sabendo que xa están a empezar a devolver o diñeiro a algúns clientes, imos recoller unha infinidade de firmas e presentarnos na Dirección dalgunha sucursal para que nos reintegren a TODOS o roubado. 

3Cabe lembrar que este banco no seu momento foi rescatado con 9.000 millóns de euros que saíron dos nosos petos e vendido a Juan Carlos Escotet, recoñecido financeiro venezolano imputado polo branqueo de capitais en  Banesco, por 1.000 millóns. A transacción está ligada por suposto a Feijóo e o PPdG, quen en 2009 chegou ao acordo con  Banesco. O rescate por tanto parece non ter fin, xa que se nos esixen altas cotas inclusive en contas  on- line, aínda sabendo que o pasado semestre de 2019 o beneficio foi de 405 millóns de euros.