Este 27 de Setembro cúmprense 45 anos das últimas execucións do franquismo, sendo asasinados por fusilamento cinco loitadores antifascistas: Tres (José Humberto Baena, José Luis Sánchez Bravo e Ramón García) eran membros do FRAP e do PCE (m-l). Os outros dous pertencían a ETA (Juan Paredes Manot (Txiki) e Anxo Otaegui).

Estes asasinatos da sanguinaria ditadura foron rexeitados fortemente tanto a nivel estatal como a nivel internacional. Mais diante de todas as protestas, o fascismo fai o seu último gran acto de propaganda e reafirmación en vida do ditador. O 1 de Outubro, organizou na Praza de Oriente, unha manifestación de apoio ao ditador. Franco, xa moi enfermo e debilitado, fixo a súa última aparición pública antes de morrer. Saíu ao balcón do Palacio Real acompañado do futuro Rey Juan Carlos I e a súa esposa Dona Sofía. Con ese xesto quedaba clara a continuidade ideolóxica e política do réxime: A aposta pola Monarquía Borbónica, que servirá como sostén dos poderes económicos franquistas durante todos estas décadas da chamada Transición.

45 anos despois, os militantes comunistas recollemos o legado de quenes deron a súa vida pola alternativa republicana, como unha proposta democrático-popular para avanzar cara ao Socialismo nun proceso ininterrumpido.

Desde o Comité Gallego do PCE (m- l) chamamos a secundar o acto no Cemiterio de Pereiró (VIGO), ás 12 horas da mañá do Domingo 27 de Setembro, a render homenaxe aos nosos camaradas caídos na batalla contra a manobra monarco fascista, de todas as formas posibles, e en consencuencia a continuar o legado do seu combate organizando a loita pola conquista da Terceira República e do Poder popular.

VIVAN OS CAÍDOS DO 27 DE SETEMBRO!

VIVA A LOITA ANTIFRANQUISTA!!

POLA REPÚBLICA POPULAR E FEDERATIVA!!! POLO SOCIALISMO!!!!