Domingo 27-S, ás 12 h no cemiterio de Pereiró (Vigo): Acto homenaxe diante da tumba de Xosé Humberto Baena.
Convoca: Comisión 27-S de Vigo.
Aquel dia -despóis de sofrir torturas, pasar por "xuizos" farsa, e a pesares da impresionante movilización internacional para parar ese crimen- foron asesinados cinco mozos condeados a morte: os comunistas militantes do PCE (m-l) e do FRAP Xosé H. Bena Alonso, José Luis Sánchez-Bravo (ámbolos dous de Vigo) e Ramón García Sanz; e os militantes de ETA Angel Otaegui e Juan Paredes Txiki.
Morreron por loitar contra a criminal dictadura do asasino Franco, pero tamén por loitar contra a súa sucesión, contra o réximen monárquico que a pesares dos cambios que tivo que realizar tiña por obxectivo principal facer intocábeis aos franquistas e que o auténtico poder permanecera nas máns da oligarquía que provocóu a sanguenta guerra e represión contra o pobo e que obtivo privilexios e fortuna coa dictadura, e que os mantén con esta pseudodemocracia coronada na que se sigue a explotar, engañar e reprimir ás xentes traballadoras.
40 anos despóis continuamos esixindo a total e plena rehabilitación moral e material de tódalas víctimas do franquismo, o xuizo e castigo político e penal aos responsábeis de tanto crimen contra o pobo, e a loitar pola conquista dun réximen auténticamente democrático que dea plena e real satisfacción a tódolos dereitos políticos, económicos e sociáis dos/as traballadores/as e das nacións que hoxe conforman o estado español: A REPÚBLICA POPULAR E FEDERATIVA.