O Colectivo Revolucionario Benigno Álvarez rememora na nosa última asamblea o 40 aniversario dos últimos asasinados pola ditadura franquista, tres militaban no FRAP (co cal compartimos moitos aspectos en común) e dous en ETA, con este breve comunicado:

Por Baena Alonso! Polos antifascistas do FRAP e mais ETA!

Os poderes do réximen fascista nos últimos meses de vida de Franco preparaban a seu novo marco de opresión á clase traballadora en forma de Monarquía Parlamentaria asasinando cruelmente a aqueles militantes da esquerda rupturista que defendían a democracia popular e unha saída republicana para darlle o poder non a oligarquía se non a unha maioría social que reclamaba plenas liberdades.

A pesar da movilización a escalada mundial (incluso a Igrexa Católica quixo intervir para evitar tal tolemia desesperada do franquismo), a sentencia de pena de morte cumpliuse sen ningún tipo de garantías legalistas. Máis o triste, e que esta barbarie sigue quedando impune para o Estado Español nado do tardofranquismo e que segue a autodenominarse "democrático". A Lei de Memoria Histórica nunca funcionou coma debera porque para os piares da Transición non interesa, porque pon en tela de xuizo os cementos das mesmas.

Esta data a día de hoxe fronte o expolio do réximen monárquico ten unha relevancia sen precedentes. A lección daqueles anos foi a UNIDADE fronte os seus ataques. E hoxe, cunha Lei Mordaza que castiga duramente as masas populares que reclaman PAN, TRABALLO E TEITO, a resposta ten que ser en clave unitaria republicana para facer fronte a esta agudización da crise do capital financiero. Porque a República que nós promovemos terá en conta sempre o ben común e non as especulacións da banca e patronal.

Así pois dende a humildade deste pequeno espacio reivindicamos as súas loitas e queremos contribuir coas distintas manifestacións poñéndonos a disposición das organizacións convocantes.

CON ESTA MONARQUIA NIN XUSTIZA, NIN VERDADE NIN REPARACIÓN! POLA REPÚBLICA!!!

HUMBERTO BAENA, RAMÓN GARCÍA SANZ E SÁNCHEZ BRAVO, PRESENTES!!!