12 DE XULLO ELECCIÓNS 01

 

Comité de Galiza do PCE (M-L)

A convocatoria do 12 de Xullo ás eleccións á Xunta de Galicia, danse nun contexto de crise sanitaria provocada polo Covid-19 e cuxas consecuencias profundizan aínda máis na recesión do capitalismo financeiro comezado en 2008. O desemprego, a emigración forzosa, a desesperación ou a dependencia económica seguen formando parte das receitas tanto do goberno galego como do goberno estatal.

As privatizacións no sector público e a perda de forzas produtivas buscan ampliar os beneficios da oligarquía, amparada a mesma por toda a estrutura do poder que emana dunha Transición pactada e profundamente rexeitada, cunha monarquía corrupta e parasitaria á cabeza a cal non é capaz nin tan sequera de pronunciarse nestes tempos tan complicados para a maioría social.

Nesta lóxica perversa, o avance do fascismo é cada vez máis evidente. A convivencia das opcións autodefinidas como "democráticas" e "moderadas" coas posicións máis reaccionarias non son alleas aos mitines e declaracións nesta campaña electoral. Feijóo nunhas declaracións recentes recoñecía "que sen os votantes de Vox o PPdG non volvería gobernar" e Beatriz Pino, candidata de Ciudadanos na Galiza, tenderíalle a man ao PPdG no Parlamento "se lle fixera falta para sumar votos e revogar o Goberno".

Tamén é certo, que aínda sendo un panorama un tanto desolador, as loitas dos operarias de ALCOA, dos persoais do SERGAS, dos pensionistas organizadas en MODEPEN ou das afectadas polas comisións abusivas de ABANCA, empezan a sinalar a necesidade de tomar medidas en favor da clase traballadora. Neste punto é vital que as organizacións que nos definimos do espazo da esquerda rupturista e revolucionaria, republicanas todas, empecemos a asumir como urxente dar unha resposta unitaria e organizada aos problemas que enfrontamos neste capitalismo caduco e senil. Dificultades, por certo, ás que non só nos levou o bipartidismo, se non tamén todos os partidos políticos cómplices da folla de ruta da troika europea.

Quenes asinamos este manifesto, ante a ausencia dunha candidatura unitaria que represente as aspiracións de cambio e quebra co Réximen do 78, consideramos de vital importancia que se emita un voto crítico a aqueles candidaturas que se definen de esquerda pero que non son peza fundamental do sostemento do sistema, para botar a mafia do PP da Xunta e revertir as súas agresivas políticas contra o pobo galego; pero non porque teñamos confianza absoluta nun posible tripartito que repita á perfección a ambigüidade do Goberno do Estado (tendendo a man ao BNG ou a ERC nalgúns momentos e a Cidadáns noutras para repetir un pacto entre explotados e explotadores como en que se dió cos Pactos da Moncloa), se non coa idea de seguir construíndo unha alternativa radical, creada dende a base polo pobo traballador, que acabe dunha vez por todas cos plans da patronal, e sabendo que o fundamental non é o voto, se non a batalla en todas as frontes posibles de acción.

Chamamos, en consecuencia, a todos os sectores da esquerda que se define transformadora a impulsar unha fronte común, de ámbito galego si pero conectado con outras experiencias estatais tamén (para, efectivamente, ser máis fortes nas loitas), ao redor dun programa de mínimos que recolla o seguinte:

1. Mantenemento de todos os postos de emprego tras a pandemia do Covid-19. Non mais ERTES nin ERES.

2. Derrogación dás reformas laborais do PP e do PSOE.

3. Nacionalización dos sectores estratéxicos da economía e dos servizos sociais.

4. Creación dunha banca pública, democrática, transparente e ao marxen de máns privatizadoras.

5. Derrogación da Lei Mordaza e de todas as leis que atentan contra os dereitos e liberdades políticas.

6. Derrogación da reforma das pensións garantindo uns ingresos dignos para os nosos maiores e dependentes.

7. Creación dun parque de vivendas públicas para quenes non podan ter acceso ás mesmas.

8. Derrogación da Lei 15/97, a cal permite a privatización da sanidade pública.

9. Aumento dos impostos ás grandes fortunas para recadar mais recursos e destinalos a un programa de verdadeira transformación social.

10. Derrogación do Artigo 135, o cal prioriza a débeda que nós non xeneramos.

11. Desenvolvemento dun servizo público de transportes que garanta a movilidade da maioría traballadora galega.

12. Abolición da prostitución e creación dunha lei de xénero realmente eficiente.

13. Cumprimento e profundización da Lei de Memoria Histórica dotándoa a mesma de infraesctructura e dos medios económicos necesarios.

14. Ilegalización da Fundación Francisco Franco, do partido fascista Vox, e de toda organización que faga exaltación da ditadura franquista.

15. Defensa da cultura e do patrimonio galego, como a lingua, a etnografía ou as disciplinas artísticas propias.

16. Creación dunha lei educativa baseada nos principios de gratuitidad, universalidade, con claro carácter científico e sen inxerencias relixiosas.

Tamén afirmamos que isto non será posible sen un proceso de acumulación de forzas que permita avanzar cara á ruptura democrática e a instauración dunha Terceira Republica das Traballadoras e Traballadores que no territorial impulse un modelo federalista pero sen renunciar á unión voluntaria das nacións que conforman este Estado.

Para nós a disxuntiva hoxe é a seguinte: ou seguimos deixando que a extrema dereita gañe terreo no campo popular ou avanzamos cara á confrontación directa contra o fascismo reforzando a unidade ao redor de obxectivos políticos que sirvan para blindar o ben común por enriba dos mercados. Neste escenario non pode haber oscilacións:

NIN UN PASO ATRÁS CONTRA O PODER OLIGÁRQUICO!

ABAIXO A MONARQUÍA HERDEIRA DA DITADURA FRANQUISTA!!

POR UN PROGRAMA DE UNIDADE E LOITA OBREIRA E POPULAR FRONTE Á CRISE!!!

Comité Galego do PCE (ml)

www.pceml.info

Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.

Plataforma Galega pola Terceira República

www.facebook.com/plataforma3RCorunha

Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.