Imprimir 

concentracion servicios

 

Comité de Galiza do PCE (M-L)

Durante estes meses de Covid 19, os impactos que produciu o coronavirus, tanto como as consecuencias económicas que emerxen da pandemia, poñen en evidencia as políticas de quen nos levou á crise do 2007, a cal aínda a día de hoxe continúa.
No concreto, na Galiza, son 12.000 persoas aproximadamente as contaxiadas a principios do mes de Xuño e 616 falecidos, dos cales dramaticamente son 270 nas residencias polo de momento. Aínda sendo certo que no noso país o contaxio ten unha repercusión menor que a doutros pobos do Estado Español, atopámonos ante un drama sanitario, humanitario e económico sen precedentes.

Neste panorama é evidente que o duro confinamento, o cal é posible grazas a todas as persoas invisibilizadas (a maioría das veces illadas) corroborouse como insuficiente e que os recortes e privatizacións aplicadas tanto a nivel autonómico como a nivel estatal, orquestradas polo bipartidismo, a monarquía e as súas acólitos, deixaron á sanidade pública nunha situación de brutal deterioración.

Cada perda por suposto produce angustia e desconsuelo, pero moito máis cando se trata dos nosos maiores, a maioría deles descoidados e incomunicados coas súas familias. As políticas aplicadas polo PPdG converteron a saúde nun negocio, como ben recoñecía a exconselleira de Sanidade da Xunta, a dirixente do PPdeG Rocío Mosquera, nunhas declaracións emitidas nunha entrevista para El Correo Gallego no mes de Outubro do ano 2019.

 

serviciospublicosA crise do capitalismo, que sufrimos a maioría traballadora xa máis dunha década, foi a escusa perfecta para minguar o sector.Esta epidemia colleunos co 80% das residencias de maiores en mans privadas. A xestión pública en residencias está por baixo do 20%.
Diante desta situación, e doutras que se están dando contra a maioría social, debemos a aspirar a un cambio de rumbo onde o ben común sexa unha realidade. Neste camiño a organización, así como a unidade, de quen defendo a transformación social é vital. Desde o Comité Galego do PCE (ml) chamamos a construír unha fronte común contra as medidas que veñen profundizar na nosa perda de dereitos.

Esa fronte defendemos que debe esixir a derogación inmediata do artigo 135 da Constitución, o cal prioriza a débeda contraída coa Troika Europea, da Lei 15/97, que permite a privatización do sector da saúde, o desenvolvemento da atención primaria e a creación dunha potente industria farmacéutica estatalizada.

Para o cumprimento dun programa en beneficio das capas populares hai que avanzar no camiño da Terceira República xa que os límites do Réxime do 78, un marco oligárquico e con claras reminiscencias da ditadura fascista anterior, son máis que evidentes que impiden rachar con toda a situación antes mencionada.

NIN UN PASO ATRÁS CONTRA OS RECORTES DO CAPITAL! A SANIDADE NON SE VENDE, DEFÉNDESE!! FEIJÓO DIMISIÓN!!!