Neste 25 de Xullo, Día Nacional de Galicia, testemuña histórica innegable das reclamacións da maioría traballadora galega e as capas populares, e cunha crise económica, política e social cada vez máis agudizada, emprazamos ao conxunto das forzas que nos reclamamos antimonopolistas, antiimperialistas e antifascistas a recuperar a esencia combativa desta data tan sinalada para nós como pobo.

A monarquía herdeira do franquismo impide ao pobo galego exercer o seu lexitimo dereito á autodeterminación e, en cambio, nos impón o chamado "estado das autonomías", que por unha banda só serve para o reparto de poderes e influencias entre os diversos clans oligárquicos e burgueses e os seus corruptos aparellos políticos; e pola outra divide e mesmo enfronta á clase obreira e os pobos do estado español, tratando de impedir a imprescindíbel unidade que precisamos na loita para lograr a derrota da oligarquía española, enemigo común que nos nega os nosos dereitos nacionais e que somete ao pobo traballador a un permanente estado de explotación e abuso, mentras garante os privilexios dos grandes ricos e os beneficios da banca, dos oligopolios e das multinacionais.

As políticas do actual goberno do estado seguen ese "guión", por máis que pretendan convencernos de que existe unha preocupación polas necesidades e dereitos populares. Coas súas medidas de case que nulo calado social só queren evitar que aumente o nivel de movilización na rúa e nos centros de traballo e o rexeitamento do pobo contra o actual estado das cousas, que se agrava día a día, e que é "caldo de cultivo" para o crecente discurso reaccionario.

Fai nada que incluso aprobaron un escandaloso aumento do gasto militar (que irá a máis) para os plans de guerra de USA e da OTAN. Eses cartos saen do noso peto e son os que nos negan para defender e crear empregos, para o aumento dos salarios e das pensións, para mellorar a sanidade e o ensino públicos etc...

Os pobos do estado español temos un pasado e un presente común de opresión pero tamėn de resistencia e de loitas. Os que aspiramos a profundos cambios sociais temos que sacar do anterior conclusións, e para nós unha é evidente: precisamos construir con urxencia unha alternativa política unitaria, plural e de auténtica esquerda que teña como obxectivo a defensa dos intereses do pobo traballador e que de verdade se propoña liquidar este réxime monárquico ao servizo do capital e conquistar un novo marco político, económico e social de poder popular e democrático. Só así poderemos rachar co moito que queda do franquismo criminal e rematar con todas as lacras e situacións opresivas que vivimos. Ese marco é sin dúbida a República ao servizo do pobo, da que formen parte as nacionalidades que libremente así o decidan, e na que se senten as bases para construir a sociedade libre de explotación.

CONTRA A MONARQUÍA E O IMPERIALISMO!
POLA AUTODETERMINACIÓN, A RUPTURA DEMOCRÁTICA E A REPÚBLICA POPULAR!!

Asinan:

Comité Galego do PCE (m-l)
Plataforma Galega pola Terceira República