Comité Galego do PCE (m-l)
Dende 1994 non existía no sector de Conservas de Peixe e mariscos a unidade de acción sindical entre CCOO, CIG e UGT para reivindicar un Convenio Colectivo realmente digno no referido a aumentos salarais -os salarios son realmente baixos neste sector, algo que tén moito que ver con que a meirande parte do persoal asalariado sexan mulleres-, a non discriminación por razón de xénero en materia de salarios e categoría, impedir a flexibilización da xornada laboral, e pola eliminación da contratación eventual fraudulenta nas empresas, que afecta a un 95% deses contratos a pesares de que no pasado se deran importantes loitas que lograron que miles de traballadoras adquiriran a condición de fixas e fixas-discontinuas.
Esa unidade de acción permitíu convocar manifestacións masivas e tres xornadas de folga de gran éxito. Posto que a patronal, unha das máis reaccionarias, non aceptaba unha auténtica negociación da táboa reivindicativa sindical, para o 19 de Febreiro estaba convocada unha nova manifestación unitaria en Boiro, localidade de A Coruña con forte imaplantación da industria conserveira (hai que ter en conta que case que o 70% do emprego neste sector está en Galicia) e novas xornadas de folga no mes de Marzo.
Pois ben, a UGT e a CIG, como xa fixeran noutras negociacións en anos anteriores, acaban de asinar traicioneramente un principio de acordo no Convenio Colectivo, rebaixando sustancialmente as reivindicacións aprobadas incialmente polas traballadoras e traballadores afectados e en loita.
No trasfondo deste acordo está ente outros o mezquino interés de CIG e UGT de pactar coas empresas, e especialmente coas máis pequenas, a elección de delegados/as nas eleccións sindicais. Pero a cambio hai que someter a chantaxe ao personal e procurar desmovilizalo, e a ser posÍbel por moitos anos.
Pola súa parte CCOO, expresando a vontade das delegadas e delegados deste sindicato, da afiliación e do acordado polas asambleas de fábrica en Galicia, Asturias, Cantabria etc… manifestou a súa rotunda negativa a asinar ese preacordo e pola contra chama a continuar a loita, mantendo a referida convocatoria de manifestación en Boiro. Desexamos que os órganos de dirección respeten esta coherente decisión propia dun sindicato de clase.
O Comité Galego do PCE (MARXISTA LENINISTA) saúdamos a tódalas e tódolos traballadores que día a día defenden os seus dereitos nas empresas conserveiras e que asumiron valentemente esta nova fase de loita para dar un gran salto adiante na mellora das súas condicións retributivas e laboráis. Como partido da clase obreira sabemos ben das súas dificultades e dos riscos que enfrontan, pero tamén coñecemos que cando deciden loitar unidas e unidos poden conquerir os seus obxectivos.
Adiante a loita no sector da conserva de peixe e marisco por un convenio digno, contra os acordos que non só non respetan nin melloran os nosos dereitos senón que os fan retroceder.
POLA UNIDADE E LOITA DE CLASE NAS FÁBRICAS!