Sempre en solidariedade con ALCOA!!!
Fronte á desastrosa noticia do monopolio ianqui de Alcoa, anunciando o peche da súa fábricas na nosa cidade e en Avilés, desde a Plataforma Galega pola Terceira República ( P3 R ), queremos mostrar o máis enérxico rexeitamento a esta política da patronal e respaldo co persoal.
Entendemos que este conflito non é unha tema illado, senón que forma parte do plan dos grandes capitalistas para salvar os seus excesivos beneficios, adquiridos estes con a nosa suor e sangue. Este feito pon de manifesto o modelo económico imposto a base de deas industrialización e unha avanzada perda de postos de emprego.
Podemos citar como exemplo déala mantelación prevista para as centrais térmicas de Meirama, no 2020, e das Pontes, sobre o 2030, coa escusa de que non cumpren as normativas de actualización necesarias.
Son as políticas nas que coinciden a Monarquía Parlamentaria, o PP e o PSOE xunto aos seus acólitos e as direccións sindicais as que nos conducen a esta crise sen precedentes na nosa historia recente. Por tanto, consideramos que a alternativa é a unidade da clase obreira e da esquerda no seu conxunto para instaurar un novo marco político: a Terceira República Democrática, Social, Federal, Laica e Igualitaria.
Un novo Estado que nacionalice os sectores estratéxicos, xa que a enerxía da que dependemos como maioría non pode estar nas mans de quen só miran polo seu interese, e que empregue os seus recursos en políticas efectivas de investigación e desenvolvemento.
A Coruña, e participar connosco.
COA NOSA UNIDADE TODO É POSIBLE!!!
ALCOA NON SE PECHA!!!