Redacción
O dia 9 de Maio cûmplese un novo aniversario da victoria do Exėrcito Soviético sobre a Alemania nazi. Si siempre fòi necesario lembrar ese importantísimo feito para os dereitos e liberdades dos/ as traballadores/ as e os pobos, hoxe semella que ainda o é máis cando asistimos á descarada política belicista que se intensifica en Europa por parte dos USA, da OTAN e da UE. Os preparativos de guerra – dos que participa o goberno español- van a máis, consumindo inxentes recursos económicos que saen do esforzo do pobo traballador e que os gobernos capitalistas detraen das nosas necesidades de emprego estable, salarios, dereitos laboráis e sociáis, pensións, Sanidade, ensino etc..
O criminal bombardeo de Yugoslavia fái 25 anos xá anticipóu a realidade de guerra e agresión que agora se nos presenta cunha maior dimensión. O golpe de estado do Maidân, a masacre da poboación do Donbass, a extensión da OTAN, a resposta de Rusia ante unha politica de chantaxe e ameaza económica e militar para sometela aos dictados do imperialismo ianqui e dos seus aliados…todo leva a un perigo certo de extensión do choque militar.
Ao anterior ûnese o xenocido do pobo palestino e outros moitos conflictos armados e de represión no mundo, coas sûas consecuencias de morte e destrucción. Temos que poñer frente a esta situación que empeora día a dia, e que ademáis ven acompañada da rehabilitación da ideoloxia nazi e de medidas de censura, control e represión, que sin dúbida irán en aumento.
Por todo o exposto, e como acto de denuncia política e de afirmación de que frente á barbarie do imperialismo é imprescindible opoñer a alternativa do Socialismo, un grupo de persoas, con e sin militancia partidaria, nos convocamos o vindeiro 9 de Maio, no Cantón de Ferrol, ás 19,30 hs.( diante da placa en pedra que homenaxea ás vitimas do franquismo), a unha concentración aberta e unitaria.
Trae a túa bandeira vermella, participa coas tûas propostas.
Socialismo ou barbarie.