En honra os nosos camaradas fusilados pola ditadura fascista
Ao redor de 75 persoas, camaradas do Comité Galego do PCE ( m – l ), amigos e familiares, démonos cita o 27 de Setembro ás 18:00 diante da tumba de Xose Humberto Baena en Vigo, convocados pola Comisión 27 – S, á cal agradecemos tantos anos de esforzo ao celebrar tódolos anos homenaxes na cidade pontevedresa aos últimos fusilados polo franquismo.
Nun escenario de total complicidade e recoñecemento do labor dos militantes do FRAP pola República Popular e o Socialismo, camiño que significaba (e significa) abrir paso as auténticas liberdades para clase obreira nacional e estatal, lemos o noso comunicado, no que chamamos a continuar a loita política contra o capitalismo como auténtica honra aos nosos mártires.
A clausura do acto, cos himnos da Internacional Comunista e o galego, a irmá do propio Xose Humberto Baena agradecía a presencia de todas e todos.
Viva o FRAP! Viva o PCE ( m – l )!
Verdade, Xustiza e Reparación!!!