Comité Galego do PCE (m-l)
O Comité Galego do PCE (m-l) saúda un ano máis a memoria e o exemplo de loita antifascista de Moncho Reboiras, militante da nacionalista UPG, asasinado o 12 de Agosto de 1975 por disparos da policía en Ferrol, cando tentaba fuxir da súa detención. Reiteramos o noso rexeito á decisión do Xulgado de Instrucción número 1 de Ferrol de non admitir a trámite a querella presentada recentemente polos seus familiares, para esixir que o seu asasinato fora calificado legalmente como crimen do franquismol, e para dirimir as responsabilidades políticas e policiáis no mesmo. Un exemplo máis de que a denominada Leí de Memoria Histórica non é suficiente para conquerir a verdade, a Xustiza e a reparación das víctimas do fascismo. Isto só será plena realidade cando conquistemos a ruptura coa monarquía herdeira do franquismo, cando conquistemos a República Popular e Federativa.