Comité Galego do PCE (m-l)
Por decisión da Comisión Europea, a partires do día 9 de Outubro non se poderá pescar en 87 caladeiros históricos de pesca de altura no Atlántico Nororiental. Isa medida significa que uns 400 barcos de pesca » de altura» con base ou capital de Galiza terán que quedar sin actividade, xá que non existen caladeiros alternativos. Outros 600 barcos de » artes menores» de portos galegos tamên verán reducido o seu traballo. O resultado é a perda do seu medio de vida para varios milleiros de mariñeiros, ademais da repercusión negativa que terà para as lonxas, transporte, venda ao publico etc…